domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Os nenos de Pontevedra son uns piratas

Un momento da festa infantil na Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA
Un momento da festa infantil na Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA
A cativada reclama o seu protagonismo no Entroido durante a festa da Ferraría, na que triunfaron os corsarios, pero tamén os superheroes

Os superheroes plantáronlle cara este martes aos corsarios na Festa Pirata Infantil que tivo lugar, pola tarde, na Praza da Ferraría, onde tanto se podía atopar un bucaneiro como a Spiderman, Superman ou mesmo a El Zorro. Esta é a única actividade da programación de Entroido do Concello especificamente dirixida á cativada. Dende hai uns anos faise coincidir coa Noite Pirata, convidando así aos máis pequenos a celebrar o seu propio desembarco no centro da cidade horas antes do dos maiores.

Un momento da festa infantil na Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA

Ducias de nenos e nenas participaron na festa da Ferraría acompañados polos seus pais. Un espectáculo de música ofreceulle á rapazada a posibilidade de gozar do seu particular Entroido, animado, como é habitual, por Rivel e unha serie de DJ.

ZANCUDOS. Aproveitando que a chuvia da mañá deu unha tregua, na praza do centro de Pontevedra mesturáronse zancudos con malabaristas para facer trasnadas entre a rapazada e, así, ir quentando o ambiente de cara á noite.

Un momento da festa infantil na Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA

O espíritu de Benito Soto, o pirata da Moureira, apoderouse dos máis pequenos que luciron sabres (moitos de xoguete, moitos feitos con globos), parches nos ollos, gorros de bucaneiros e caveiras por todos os lados. Moitos proxenitores tamén se animaron a participar da festa disfrazados a xogo coa súa respectiva descendencia.

No medio dos corsarios, como vén sendo habitual, fixéronse un oco malvadas e princesas de conto, indios e vaqueiros. Rapunzel e as protagonistas da película Frozen, de Disney, e outros personaxes literarios e cinematográficos. É a maxia do Entroido: todo vale con tal de pasalo ben.

Un momento da festa infantil na Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA

Os nenos de Pontevedra son uns piratas
Comentarios