martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

'Noites Abertas' alcanza su mayoría de edad con la oferta de 91 actividades

Un momento da presentación da programación de ‘Noites Abertas’
Un momento da presentación da programación de ‘Noites Abertas’
O Concello asume os 100.000 euros do programa, "único e imprescindible" segundo sinala o edil de Xuventude, Demetrio Gómez

O programa de lecer para o mocidade Noites Abertas, organizado polo Concello, acada a súa maioría de idade. Nesta ocasión e a diferenza das anteriores, a iniciativa conta exclusivamente con orzamento municipal, posto que o Ministerio de Sanidade non convocou a concesión anual de subvencións do Plan Nacional sobre Drogas.

Así, o Concello de Pontevedra achega a totalidade dos 100.000 euros de custo do programa para ofertar 91 propostas diferentes (totas elas gratuítas) que se desenvolverán en 24 xornadas durante 13 fins de semana, dende o vindeiro venres, día 27, ata o 29 de abril, no que remata o programa porque partir de maio a maioría dos mozos, moitos deles estudantes, non poderían acudir polos exames finais do curso.

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, acompañado de varios monitores e de membros da Comisión Municipal de Igualdade, explicou que a Administración local achegará os 100.000 euros de Noites Abertas porque este é un programa "único, imprescindible e moi complexo" que conta cunha ampla oferta de actividades nas que poden participar persoas desde os doce ata os 30 anos de idade.

"É máis que un orzamento participativo, xa que tamén son os mozos os que o xestionan", recalcou.

Neste senso, o edil subliñou que nesta edición participan 17 asociacións e clubs deportivos realizando 21 actividades, ademais de 21 empresas pequenas (sobre todo autónomos) que realizan 26 das actividades e prestan oito servizos. Colectivos de mozos realizarán 21 actividades e 23 correrán a cargo de persoas novas a título individual. En total, serán 91 actividades diferentes, entre as que se atopan os bailes latinos, rap, breakdance, xogos de rol, microteatro nunha mesa, youtubers por un día, quidditch muggle, aikido con espadas láser, roteiros, percusión, cociña, masaxe tailandés, deportes, speed-dating, xincanas, experimentos científicos, billarda e obradoiros para elaborar sushi, cupcakes ou mesmo xabón.

LECER ALTERNATIVO. Demetrio Gómez explicou que o programa Noites Abertas ofrece "lecer alternativo" para a mocidade, e destacou que "é democrático porque a mocidade participa no seu deseño e na xestión". "Tamén -dixo- é un banco de probas porque hai empresas á procura de talento, é un programa galego e en galego e loita pola igualdade e contra a violencia machista".

Un voceiro da Comisión Municipal de Igualdade explicou que, ademais de impartir un curso de sensibilización sobre a igualdade de oportunidades, os membros deste equipo velarán para evitar que as actividades poidan ser discriminatorias e, con este obxectivo, darán difusión a un manual de boas prácticas entre os participantes nas distintas actividades.

Neste senso, Demetrio Gómez puntualizou que o ano pasado, o primeiro no que participou a Comisión Municipal de Igualdade, "se corrixiron bastantes cousas e a xente respostou bastante ben para ir subsanando os problemas".

Segundo o concelleiro de Xuventude, Noites Abertas segue a funcionar despois de 18 anos "porque a mocidade, que é rebelde e alegre, ten ganas de cambiar e mundo e pasalo ben". Ademais, advertiu de que para participar na práctica totalidade das actividades non é preciso efectuar unha inscrición previa.

Ibuprofeno Teatro e antigos monitores do programa encárganse desde o martes e ao longo desta semana de promocionar a programación de Noites Abertas a través de intervencións teatrais e de animación nos diferentes institutos da cidade, así como no campus universitario da Xunqueira e nas rúas e prazas da cidade.

COMMUNITY MANAGER. Noites Abertas contará cunha community manager (profesional responsable de construír, xestionar e administrar as actividades on-line) que se encargará de divulgar esta iniciativa a través de Instagram (unha aplicación que actúa como rede social e que permite aos seus usuarios subir calquera tipo de fotos e vídeos).

A programación pode consultarse na web www.noitesabertas.gal. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao teléfono 986 840 367 da Oficina de Información Xuvenil do Concello (de 9.00 a 15.00 horas) e a través do mail [email protected]

'Noites Abertas' alcanza su mayoría de edad con la oferta de 91...
Comentarios
ç