Non haberá pandemia que acabe coa festa dos maios en Monte Porreiro

A veciñanza sumouse á proposta da comunidade educativa e a Anpa do CEP Marcos da Portela sorprendeu aos profes
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Ventás decoradas en Monte Porreiro. DP

Nin a Covid-19 conseguiu que o barrio de Monte Porreiro esquecese unha das súas tradicións máis arraigadas, a celebración dos maios. A comunidade educativa contou co apoio da veciñanza para que esta efemérides non pasase polo calendario no bico dos pés. "A Anpa do IES Luís Seoane propuxo ao barrio que adornase os seus balcóns e fiestras para celebrar este día e tivo unha gran colaboración", explica a presidenta da Anpa do CEP Marcos da Portela, Raquel Amoedo
RAFA PONTEVEDRA EN ALERTA SANITARIA POR CORONAVIRUS A unha do mediodía, aquí dende un edificio de Monte Porreiro, poremos a canción das nenas e nenos do cole, outra nena cantará outra... E como é unha zona amplia, con explanada, viran parte dos nenos e nenas a disfrutalo aquí, mantendo as distancias de seguridade, aproveitando a hora do paseo. As 13:00, na Rúa Illa de Man, e haberá bastante decoración tamén nas ventás. Por se puidera vir o fotógrafo.

Ambas asociacións de pais e nais mobilizaron a grandes e pequenos para que o 1 de maio non fose outro día calquera na populosa urbanización. E, de paso, conseguiron darlle unha sorpresa ao equipo docente do colexio de Primaria. 

"Esta é a festa máis grande que temos no cole e os nenos colaboran para facer o maio", apunta. Desta volta, cos centros educativos pechados e o confinamento, a tarefa semellaba complicada, pero non imposible. 

VídeoA Festa dos Maios non faltou en Monte Porreiro

As familias aproveitaron que o 26 de abril a rapazada xa puido empezar a saír unha horiña dos seus fogares, polo que aproveitaron ese tempiño para recoller fiúncho, pampullos, calas, camelias, ovos e laranxa. Durante o paseo, ademais de recoller estes materiais, foron deixándoos na porta do colexio. Despois foron dúas persoas, sempre gardando as oportunas medidas de seguridade, e con eses materiais elaboraron un maio que o profesorado descubriu con sorpresa, aínda que fora ao outro lado dunha pantalla. "Aínda que non é tan grande como o dos outros anos", sinala Amoedo, cumpríu á perfección co papel de representar esta celebración tan tradicional. 

"Quen nolo ía dicir / que teriamos un maio / sen fiúnchos nin camelias / cantado nun pantallazo", di a canción elaborada polos rapaces

E non só iso, senón que unha nai do colexio lle dedicou aos mestres un bonito escrito. "Hoxe estariamos de festa, porque para os que vivimos o maio, sería día de festa, de nervios, pero, sobre todo, de moitísima ilusión". A pesar da tristura, "no noso barrio, dun xeito ou de outro, imos celebralo. Ben seguro que as nosas fiestras lucirán con algún recordo o noso maio e demostraremos a nosa unión para levar a cabo tan bonita actividade, como levamos facendo tanto tempo e con tanto agarimo". É por iso que "dende os nosos fogares estaremos unidos en pensamento"

O 1 de maio, aproveitando a hora do paseo, a rúa Illa de Man acolleu a reunión de escolares para ser testemuñas da decoración dos balcóns e tamén soou a canción elaborada pola rapazada e que foi recollida nun vídeo protagonizado polo alumnado de 6º de Primaria. "Quen nolo ía dicir / que teriamos un maio / sen fiúnchos nin camelias / cantado nun pantallazo".