viernes. 20.05.2022 |
El tiempo
viernes. 20.05.2022
El tiempo

Non hai feira sen polbeira

Posto da polbería instalada no mercado de Pontevedra. S.A.
Posto da polbería instalada no mercado de Pontevedra. S.A.
O bo tempo anima as vendas na terceira xornada do mercado de Pontevedra, no que 47 dos 56 vendedores instalaron os seus postos

O bo tempo animou este sábado as vendas na terceira xornada da feira de Pontevedra. "Houbo moi bo ambiente", aseguran os vendedores da rúa Rafael Areses, na que se contabilizaron 47 dos 56 postos con dereito á venda ambulante, un máis dende que o pasado 16 de maio se retomara a actividade no mercado de A Xunqueira. Dos negocios instalados, 39 pertencen ó sector do téxtil e do calzado e o resto aos complementos, alimentación e plantas.

Un dos postos máis reclamados foi o da Pulpería Rey. "A xente tiña ganas de polbo", asegura o seu propietario, José Ramón Furelos, que cada quince días desembarca en Pontevedra co seu posto. "A semana pasada veu o outro compañeiro. Somos dous polbeiros. Turnámonos. Unha semana vén un e outra o outro, porque a feira non dá para os dous", explica.


"A xente tiña ganas de polbo", di José Ramón Furelos, de Pulpería Rey, na que o pan, os panos e os escarvadentes se dan en formato individual

Este polbeiro de A Estrada leva "toda a vida" vinculado a este negocio, que comezara a nai da súa sogra. Agora tívose que adaptar a unhas normas que, asegura, «non están moi claras» para o seu sector.

A pesares desta situación, a distancia de seguridade e a hixiene se reforzaron no seu posto. "As mesas son individuais. Xa non hai mesas corridas coma antes. E desinfectámolas cando hai un cambio de cliente", sinala Furelos, que lembra que tanto o pan, coma os panos e os escarvadentes se facilitan en formato individual para evitar riscos de contaxio.

"A xente de Pontevedra é máis atrevida e con ganas de vivir que noutros concellos", sinala Fernando Castiñeiras, que veu co seu posto de roupa e calzado dende Santiago.
RAFA Fotos Feria mercadillo

"O que máis está a levar a xente é calzado. Mércase por necesidade e a prezos moi baratos. Eu teño vestidos e pantalóns dende seis euros", di este comerciante, que anima a outros concellos a seguir o exemplo de Pontevedra e a reabrir as súas feiras ao cen por cen de capacidade. "Noutros municipios estamos moi discriminados. Aquí o traballo do Concello foi excelente", destaca. "En Galicia somos 20.000 vendedores ambulantes. E precisamos que nos axuden. Tamén nos diriximos á Xunta con varios escritos. De momento non obtivemos resposta", engade.

Redondela, que se insteresou polo modelo aplicado na capital provincial, reabrirá o seu mercado o vindeiro 6 de xuño. "Eu irei", indica Maribel Arribas, que ten un posto de téxtil e cuxas vendas non van mal. "Non hai queixa. A corentena pasoulle factura a moitas persoas, que engordaron e pensan que poden levar moda de quinceañeras. Aquí temos roupa de señora, iso si, moi xuvenil", explica.

[Xente paseando polo mercado. RAFA FARIÑA]RAFA Fotos Feria mercadillo

Eladio Rodríguez Parada leva 35 anos acudindo ao mercado de Pontevedra. "Estamos moi contentos. E a xente colabora moito con nós. Agardemos que outros concellos se animen a abrir", di en relación a feiras como a de Padrón. "Da de Estribela tampouco se sabe nada", indica.

Outra das reivindicacións que están enriba da mesa por parte do sector ten que ver coas taxas municipais. En Pontevedra non se cobrarán durante os días de peche e outros concellos estudan xa unha posible exención para 2020.

A feira de Rafael Areses continuará a semana que vén coas mesmas medidas de hixiene e seguridade. A Concellería de Mercados, que dirixe Yoya Blanco, confirmou este sábado a readaptación do espazo do mercado por un posto que estaba moi preto dunha árbore.

Non hai feira sen polbeira
Comentarios