martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

"Non queriamos outro Halloween escuro"

O escaparate de Pontejabón (Marquesa). BEATRIZ CÍSCAR
O escaparate de Pontejabón (Marquesa). BEATRIZ CÍSCAR
"Resultábanos máis tétrico ca nunca", indican una de las empresarias ► A covid calou fondo nos negocios

Decoración da tenda de roupa Nahuatl (San Román). DAVID FREIRENon lles apetecía decorar as tendas cos motivos habituais do Halloween norteamericano e do Samaín galego, con teas de araña, cabazas, elementos de terror e a negra como cor predominante "Resultábanos máis tétrico que nunca", explica Nanda Castro, de Pontejabón. "Non queriamos outro Halloween escuro. Menos que nunca". A alternativa chegou da man de Marly Carballal, a propietaria da tenda Nahuatl, que é mexicana. Na tradición do seu país tamén se celebra o Día de Defuntos, pero cunha iconografía e uns elementos marcados pola cor. Así, inspirándose no Altar de muertos mexicano, as dúas tendas, xunto cunha terceira, Sicarú, decidiron celebrar este ano Halloween dun xeito diferente, con escaparates laranxas e morados, Catrinas, flores e ofrendas.

"É un xeito de sumarnos á celebración, pero dunha maneira totalmente diferente", segue contando Nanda Castro, que lle encargou o seu escaparate á empresa Elefantes de Cacharrería. "Apuntámonos á festa, pero dunha maneira moito máis positiva, cun toque de cor, moito máis alegre. Nun momento como o que estamos a vivir, a min apetecíame moito máis facer algo como isto que volver a colocar motivos relacionados coa morte dunha maneira máis explícita". 

Imaxe de Sicarú (Galerías da Oliva). BEATRIZ CÍSCARIso si, o obxectivo da decoración do escaparate segue a ser o mesmo que o de calquera outro comerciante: chamar a atención dos cidadáns. "Neste caso funciona incluso mellor que a decoración tradicional. Nos días que leva instalado, a xente tivo unha reacción súper boa. Eu creo que contaxiamos alegría". 

A propietaria de Pontejabón tamén destaca o feito de que a iniciativa sexa colaborativa e de que sexan tres mulleres empresarias, "con perfís moi semellantes", as que se puxeron de acordo para levar a cabo a aposta de xeito conxunto. "Fomentar o comercio de proximidade é algo moi complicado, pero os pequenos negocios de Pontevedra estamos moi unidos", di Nanda Castro. "Axudarnos entre nós e facer piña é a única maneira que temos de saír adiante". 

"Non queriamos outro Halloween escuro"
Comentarios