viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

"Non teremos dereitos civís ata que se recoñezan os dereitos nacionais"

Laura Mintegi, Cesáreo Sánchez, Clàudia Pujol e Carme Adán, de esquerda a dereita, no Pazo de Mugartegui. GONZALO GARCÍA
Laura Mintegi, Cesáreo Sánchez, Clàudia Pujol e Carme Adán, de esquerda a dereita, no Pazo de Mugartegui. GONZALO GARCÍA

A liberdade de expresión e de ideoloxía centran a mesa redonda con representantes de BNG, EH Bildu e Òmnium Cultural que inaugura o Parlamento de Escritores da AELG ▶ Preto de 40 autores participan nesta iniciativa, que se clausura con Manuel Rivas e Marica Campo nun recital

"Os escritores falamos habitualmente a través da nosa obra, pero hai momentos de especial gravidade coma este nos que é necesario pronunciarse". O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, repetiu este venres na inauguración do Parlamento de Escritores, que reúne esta fin de semana en Pontevedra a preto de 40 autores e que remata este sábado cun recital colectivo no Teatro Principal, a mesma idea que o día de presentación da proposta: a necesidade dunha reflexión colectiva dende a literatura nun intre histórico de retroceso de liberdades. Precisamente no exercicio das liberdades de expresión e de ideoloxía se centrou a primeira mesa redonda da programación, que levaba por título "Liberdades civís e dereitos nacionais" e que tivo lugar no Pazo de Mugartegui. Participaron nela Carme Adán (BNG), Laura Mintegi (EH Bildu) e Clàudia Pujol (Òmnium Cultural). Tras ela houbo outro coloquio sobre violencia institucional, conducido por Mercedes Queixas, no que interviron Joan Elies Adell Pitach (director da Instituciò de les Lletres Catalanes), Ana Luísa Amaral (profesora na Universidade de Porto) e Suso de Toro (escritor). "Non teremos dereitos civís recoñecidos ata que non se recoñezan os dereitos nacionais", concluíu Sánchez.

A profesora de Filosofía e política nacionalista Carme Adán destacou durante a súa intervención a falta de reacción social ante situacións que ela consideraba de especial gravidade. "Acéptase como normal que haxa presos políticos en Cataluña, cando debería considerarse unha situación de alerta máxima", dixo. Para Adán estanse a dar unha serie de regresións que non se perciben como tal. Un exemplo que puxo foi a elaboración e aprobación da denominada "Ley Mordaza". A política nacionalista relacionou a situación social coa política e a economía. "O neoliberalismo é unha nova racionalidade política, unha nova subxectividade, que succionou a soberanía dos pobos".

CÓDIGO PENAL. Pola súa banda, a escritora, académica e candidata a lehendakari en 2012 por Euskal Herria Bildu Laura Mintegi mostrouse especialmente crítica co poder xudicial. Lembrou as condenas do caso GAL ou do diario Egin para falar dun "desequilibrio judicial". "El código penal y el código postal están muy unidos. Dependiendo de dónde seas, así será la condena", expuxo. "Los chicos de Alsasua llevan 851 días en prisión por una pelea con unos guardias civiles en un local que acabó con uno de ellos con un esguince. Desde entonces se han producido cientos de altercados entre ciudadanos y guardias civiles y ni uno solo de los primeros ha ido a la cárcel. La diferencia es que estos chicos eran de Navarra".

Mintegi tamén se referiu á defensa inequívoca da liberdade de expresión ou de ideoloxía, "incluso por parte de la izquierda", cando pillan lonxe, "con el mando a distancia", pero cando se concretan nun lugar e tempo próximos non é así. "Si tu ideología no es admitida por el poder correspondiente, ya no se respeta su libertad de expresión". Neste sentido, Mintegi reflexionou sobre termos como o de terrorista. "La palabra terrorismo es un talismán para todos los gobiernos del mundo a la hora de reprimir la disidencia. Es una palabra chicle que sirve para todo cuando debería limitarse a actos de terror violentos".

Finalmente, Clàudia Pujol, da asociación catalá Òmnium Cultural, que ten actualmente na cadea ao seu presidente, Jordi Cuixart, criticou duramente o xuízo do "procés". "La Audiencia Nacional, heredera del tribunal del Franquismo, lo que está celebrando estos días es una farsa de juicio". A activista repasou a historia da asociación á que pertence e lembrou que decidira implicarse directamente na petición do referéndum, "defendida por el 80% de la población, después de 18 intentos fallidos de pactar uno con el Gobierno español".

"Non teremos dereitos civís ata que se recoñezan os dereitos...
Comentarios