Animais exóticos de compañía: non todo son cans e gatos

Cómpre concienciar no coidado deste tipo de exemplares, xa que as súas condutas son diferentes, e pódense cometer erros por falta de experiencia
Xisela Sánchez, da Clínica Veterinaria Icaro. DP
photo_camera Xisela Sánchez, da Clínica Veterinaria Icaro. DP

OS CANS E OS GATOS son os animais de compañía por excelencia. As demais especies, como non se atopan dentro do seu hábitat natural —sexan aves, reptís ou mesmo os periquitos— pasan a considerarse exóticas.

Xisela Sánchez, da Clínica Veterinaria Icaro, que adoita tratar cunha media de catro ou cinco exemplares deste tipo cada día, sinala a necesidade de concienciación e formación para os propietarios de animais exóticos. "Na clínica o que nos gusta é que a xente veña un pouco por pedir información inicial, porque hai moitas veces, a maioría delas, que as enfermidades e os problemas que teñen este tipo de animales son básicamente por temas de manexo. Facemos fincapé en que o ideal é que nos fagan unha primeira visita para contarlles como vai a alimentación e os hábitos deste animais".

En moitas ocasións, os donos menos experimentados tenden a coidar dos seus exemplares como se fosen cans ou gatos, sen atender a unhas conductas que son diferentes pola súa realidade natural: "unha cousa a ter en conta, moi importante e que moita xente non o sabe, é que estes animais —a maioría deles— son presas na natureza.

Non están domesticados, non levan anos nese proceso co ser humano, e nunca che van mostrar que están enfermos. É moi raro. Cando amosan a enfermidade, normalmente temos pouca marxe para actuar". Por este motivo convírtese en fundamental a consulta previa antes da compra ou adopción dun destes animais, para así atender mellor situacións como estas grazas e obter así as bases para a prevención.

As aves, como os loros e os guacamayos, son animais tan intelixentes que se os tes na casa e non fas o que se chama enriquecemento ambiental, podes ter moitos problemas de estrés ou aburrimento

"Recomendamos que antes de que merquen un animal exótico ou pouco común se acheguen a falar con algún especialista, e sempre facer unha primeira revisión", sinala Xisela, que defende a importancia desta medida "porque hai moitas veces que se compran principalmente os coellos, que veñen da tenda con parasitos. Non é cousa das tendas, xa que estos organismos dan moitos problemas de reinfección".

Sinala tamén que en moitas ocasións estes exemplares falecen por non facer unha revisión na que se adoitan detectar Coccidios.

Recomendamos que antes de que merquen un animal exótico se acheguen a falar con algún especialista

CALOR. As altas temperaturas que se viven neste fin do mes de agosto fan necesario tomar precaucións. Xisela lembra que "as especies exóticas son as que teñen unha maior tendencia a sufrir golpes de calor".

Pon varios exemplos: "os coellos son moi delicados en canto a iso, e os furóns tamén. Son animais moi pequenos con relativa superficie de pel polo que se quentan moi rápido. Son tamén os que maior tendencia teñen de estar soltos pola casa, nunha habitación moi soleada".

Clínica Veterinaria Icaro: Xisela Sánchez
Como especies exóticas, nesta clínica reciben —principalmente— coellos, "porque son os que están máis en auxe", pero tamén cobayas como a que se pode ver na imaxe. As especies acuáticas tamén son frecuentes. En canto ás aves, o que máis reciben son agapornis.


LEXISLACIÓN. As especies exóticas poden estar suxeitas ao transporte internacional e á demanda de clientes de diferentes países, polo que precisan dunha protección. O elemento regulador máis importante é o CITES, a Convención Internacional de Especies Amenazadas de Fauna y Flora Silvestre. As especies aquí incluidas son controladas para limitar o seu comercio e garantir a súa supervivencia.

Estes animais son máis difíciles de atopar en tendas. Xisela Sánchez destaca que nestes espazos "os máis habituais son os coellos, os hámster, as cobayas, algún gecko —un lagartiño pequeno—, ou algunha pogona. Certas cousas sí que as atopas en tenda, pero hai outras especies que están lexisladas dunha maneira distinta".

A axudante de técnico veterinario da clínica Icaro tamén aconsella "recurrir a criadores coa súa actividade rexistrada, con núcleo zoolóxico, unhas instalacións axeitadas con garantías sanitarias".

Unha lacra que se acentúa nas especies exóticas é o mercado negro, especialmente nas aves, como os loros, e que atopou nas vendas por internet un forte impulso. Un estudo sobre as vendas de animais na rede, realizado polo Ministerio de Medio Ambiente no 2016, sinalou que as aves e os peixes contaban cunha maior oferta que os gatos, só por detrás —con moita diferenza— dos cans.

Xisela afirma que "xa levamos moito tempo sen ver un loro que veña sen identificar ou sen microchipar. Normalmente os que están así é porque foron roubados do seu entorno natural fai moitos anos".

Viaxe con mascotas
Asignatura pendente
O último informe de Acierto. com sinala que preto do 85% dos enquisados prefire viaxar cas súas mascotas.

O 45% non leva ben á súa mascota no coche
O estudo sinala tamén que máis de 1 de cada 5 ten viaxado ca súa mascota solta no interior do habitáculo, e case 1 de cada 4 recoñeceu que a súa mascota os distraíu mentres conducía.

Consellos
É ideal levar un animal pequeno nun transportín situado no chan dos postos traseiros do vehículo. Se é de maiores dimensións pode ir no maleteiro, separado por unha reixa e cun arnés de dobre anclaxe, máis seguro para o animal.

Comentarios