Nova normalidade para Karma

A única sala de concertos de Pontevedra transfórmase na etapa poscovid. Aposta por achegarse ao concepto de cervexería e por sentar ao público. Tamén deixa de lado a madrugada. O seu propietario, Marcos Rivas, repasa os cambios neste artigo
A porta da sala Karma de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera A porta da sala Karma de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O KARMA fixo 14 anos o pasado 17 de marzo. Si, en plena pandemia covid. Agora tocan cambios. Téñoo claro: non podemos esperar ata as cinco da mañá para que cheguen os clientes. É un suicidio: filas na entrada, aglomeracións... Non podemos facer iso de momento (quen sabe, igual xa non volta).

Acadamos cousas con Karma que non entraban nos obxectivos de ninguén, menos nos meus. Pero pouco a pouco saían ideas e entre recaudar fondos para Os Palleiros, pór una polbeira na porta e que Granero fixera algunha paella, aparecían eventos que naceron para facer alí e de repente son o mellor festi galego no 2017, ou o concelleiro de rock & roll da tua cidade conta contigo para que o galego sexa a lingua oficial nun ciclo de rock, ou o aniversario da sala celébrese nuns dez locais durante unha tarde de moita música ao vivo e o ano seguinte iso convértese nun dos ciclos máis fermosos nos que traballei con máis de 40 concertos en tres días en garitos da cidade, coas súas mañás de conferencias dirixidas por unha das persoas máis top da música galega, Patricia Hermida. Uns anos antes fixeramos En Efectivo y en Directo, que trouxo o mellor da miña vida e como di el: "Papi, son top!!!".

Xa me liei outra vez. Reflexionas e dis: agora mesmo a noite que tanto nos deu, non pode ser, non podemos, eu non podo.

Seguirá a música ao vivo e sobre todo a local e a galega, o noso motor, pero todo máis ordenado e sentadiños

Non sei se seremos una cervexería. Imos ter uns cantos grifos e unha neveira moi ampla con moita variedade, cócteles e batidos, con froitas e con chocolates, pero a esencia seguirá, a música ao vivo e sobre todo a local e a galega ,que será o noso motor.

Si, tamén estarán os nosos djs e algún doutras salas galegas, pero un pouco máis ordenado, sentadiños. Voltarán o Surfing e o Galegote e intentaremos ir de Cabos Soltos, pero o Karma seguirá en Pontevedra xunto cos seus irmáns pequenos, pero todos máis tranquilos e relaxados, agora mesmo toca esa nova normalidade.

E finalizo cunha das frases de moitos dos músicos que pasaron polo noso escenario: "Ante todo mucha Karma!!!".

O Grove. O Náutico tamén anuncia unha transformación
Outra das salas de concertos máis importantes da provincia, o Náutico de San Vicente do Mar, en O Grove, tamén anunciou cambios no seu modelo de actividade para adaptarse ás novas circunstancias sociais. Segundo informou Miguel de la Cierva, este verán non se celebrarán eventos multitudinarios (como viña sendo habitual). "La introducción del factor sorpresa como patrón, el contar con bandas residentes y la búsqueda de la espontaneidad y la improvisación serán las bases de esta nueva etapa", sinalou nun comunicado o propietario, que asegura que leva tempo pensando nun decrecemento para o local polo que teñen pasado Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Marlango, Leiva e Coque Malla, entre outros artistas.

"Aquella etapa se acabó"
O Náutico recoñece que as medidas sanitarias que se están a converter en norma para evitar contaxios durante os eventos culturais impiden seguir organizando programacións como as dos últimos anos. "En las actuales circunstancias es imposible repetir el cartel de 2019. Pero aunque lo fuese resultaría indeseable y contraproducente. Aquella etapa se acabó. Ahora lo que toca es empezar de cero un nuevo Náutico porque el otro ya creció hasta el límite y lo doy por acabado".

A intención do propietario é desenvolver a partir de agora, como Karma, un modelo con aforo limitado e cos espectadores sentados.