A nova Ordenanza de Mobilidade entrará en vigor o vindeiro mes de outubro

A normativa prioriza os desprazamentos a pé e inclúe un apartado específico para os patinetes eléctricos
2020080408280164419
photo_camera Un patinete eléctrico circula pola praza da Peregrina. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Pontevedra aprobou este luns en Xunta de Goberno a nova Ordenanza de Mobilidade e Utilización dos Espazos Públicos, que sustituirá a anterior de 1989 e incluirá as regras de circulación dos vehículos de mobilidade personal (VMP). A entrada en vigor da normativa farase efectiva "posiblemente en outubro", despois da celebración do Pleno Municipal de setembro, segundo indicou César Mosquera, concelleiro de Urbanismo.

A ordenanza, que xa pasou o período de exposición pública alongado por mor do estado de alarma, foi aprobada de forma inicial no Pleno do mes de febreiro cós votos de BNG e PSOE e a abstención dos concelleiros do Partido Popular e Cidadáns. Agora, o texto entra en fase definitiva e dende o Concello se agarda que "o asunto non teña maior dificultade e se aprobe por unanimidade", tal e como referiu Mosquera alegando á moción que presentou o PP no Pleno de marzo do 2018, "esixindo a reformulación do plan de mobilidade mucipical".

A máxima que se pretende conseguir con esta novidosa lexislación é reforzar o carácter peonil da Boa Vila, sendo o seu principal obxetivo "regular os aspectos relativos á mobilidade urbana que ampara o modelo de cidade, como a priorización dos desprazamentos a pé e a regulación dos patinetes eléctricos" indicou o edil. Por outra banda, a ordenanza non tocará o regulado en normas estatais; é dicir, tanto na Ley de Tráfico como no Código de Circulación.

O edil de Urbanismo, César Mosquera, espera que a disposición "sexa avalada por unanimidade" no próximo Pleno de setembro

Entre os contidos máis reseñables, destaca o establecemento da velocidade máxima de circulación en 30 quilometros por hora en todo o municipio, con limitación a 10 quilométros por hora no casco histórico e nas zonas de plataforma única. Medidas que xa se comezaron a implementar, "para que a adaptación se fixera gradualmente", aclarou Mosquera.

O novo reglamento dota todos os espazos públicos de preferencia peonil, incluíndo as pistas rurais. Os vehículos a motor, patinetes eléctricos ou bicicletas terán limitada a súa circulación ás calzadas, deixando libres as beirarrúas. No caso das zonas de plataforma única, estes vehículos deberán amoldar a súa velocidade a dos peóns. Tan só os menores de doce anos quedarán exentos de cumprir estas normativas, podendo empregar os vehículos de mobilidade persoal para circular polas beirarrúas. As cadeiras de rodas motorizadas, os vehículos de emerxencia e os de servizo público esencial tamén poderán entrar en áreas peonís.

A circulación polo municipio de vehículos de máis de dez metros de largo ou de dez toneladas de peso queda prohíbida tanto por vías urbanas coma rurais, a non ser que conten con autorización específica. Ademais, a distancia de rebasamento en zonas de convivencia entre automóviles e peóns pasará de 2 a 1,5 metros, unificándose, así, có Reglamento Xeral de Circulación.

O non cumprimento destas regulacións irá aparexado a un réxime sancionador que inclúe multas de ata 200 euros para os que circulen polas beirarrúas con bicicletas ou patinetes, e, tamén, para os que estacionen nestes espazos.

A cuantía das sancións poderá incluso ascender aos 500 euros no caso dunha conducción neglixente ou temeraria, na que se recolle ir esquivando aos peóns nas áreas nas que teñen preferencia, ou circular pegados ás portas dos edificios e locais comerciais.

Comentarios