Novas clases maxistrais para os negocios de Pontevedra

A imaxe persoal centra a masterclass que imparte este luns Sonia Felpete

A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra, a través da plataforma #PonteLovers, inicia este luns as clases maxistrais do ciclo formativo organizado para que os negocios de Pontevedra coñezan o estilo dos seus clientes e se anticipen aos seus gustos. 

A primeira masterclass impartida pola influencer e blogueira Sonia Felpete versará sobre A importancia da imaxe persoal e desenvolverase a través da plataforma Zoom en horario de 21.00 a 22.00 horas. 

Sonia Felpete

Estas clases maxistrais están especialmente dirixidas a donos e empregados das tendas locais.

As masterclasses terán novas sesións os luns 2 (Os 7 estilos universais) e 9 de novembro (Aplicación do concepto de estilo) e buscan axudar os establecementos a incrementar as súas vendas, minimizando o tempo de decisión.