lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

As novas tecnoloxías e os zombies desembarcan en PonteVerán 2018

Participantes en la pasada edición de PonteVerán. OLGA FERNÁNDEZ
Participantes en la pasada edición de PonteVerán. OLGA FERNÁNDEZ

A maior parte das actividades recollidas no programa son de balde

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presentou este xoves unha nova edición de PonteVerán, un programa de ocio "alternativo, lúdico-formativo, cunha oferta de actividades moi variada e baseado en valores de convivencia, igualdade, respecto ao ambiente, promoción da actividade física e de coñecemento do patrimonio cultural".

"Calidade, cantidade e diversidade" definen o programa, do que Oubiña destacou os campamentos e estadías, as actividades culturais, formativas, deportivas e no medio natural.

Entre as novidades deste ano atópase a cita "terrorífica" do 31 de xullo, no que mozos de 16 a 35 anos farán de Pontevedra unha "terra de zombies".

Ademais, incorpóranse á oferta de PonteVerán varios obradoiros e cursos relacionados coas novas tecnoloxías como a robótica, a holografía e VR.

A maior parte das actividades recollidas no programa son de balde. As solicitudes para participar en PonteVerán poden facerse a partir do 11 de xuño en: apuntate.pontevedra.gal.

As novas tecnoloxías e os zombies desembarcan en PonteVerán 2018
Comentarios
ç