martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

O novo pavimentado obriga a cortar a Avenida da Coruña entre este luns e o venres

Fase dúas
Fase dúas

As obras na Avenida da Coruña entran esta semana na fase final, xa que entre este luns e o venres procederase ao fresado e asfaltado da mesma. Para levar a cabo estes traballos restrinxirase a circulación por este vial e só se permitirá o acceso a residentes.

O plan de tráfico para levar a cabo estes traballos contempla tres fases. Na primeira permanecerá pechado ao tráfico o tramo máis próximo á ponte do Burgo (entre a intersección coa rúa Xoán Manuel Pintos e a entrada da rúa da Santiña), polo que a saída de residentes se realizará pola rúa da Santiña cara á rúa Luis Otero e bordeando Pasarón para saír á rotonda da avenida de Compostela. Para o tráfico que provén da rúa Juan Bautista Andrade o acceso á cidade tamén queda establecido pola rúa Luis Otero cara a rotonda da avenida de Compostela.

Na fase dúas permanecerá pechado o tramo da avenida da Coruña comprendido entre a rúa da Santiña e e a rúa Juan Bautista Andrade e os accesos e saídas establecénse igual que para a fase anterior. Mentres, a fase tres implica a restricción de acceso nun horario fóra de hora punta pola rúa Juan Bautista Andrade para os vehículos de masa en carga superior a 3.500 quilos.

O fresado e asfaltado deste vial son os últimos traballos tras o reacondicionamento das beirarrúas e o cambio de marxe das zonas de aparcadoiros e de colectores, situándoos á dereita segundo o novo sentido da circulación previsto (subindo). Convén lembrar que a reordenación do tráfico no Burgo implica que o tráfico na avenida da Coruña pasará a ser de subida en todo o vial.

A actuación neste vial, que contou cun prazo de execución de tres meses e que foi adxudicada á empresa pontevedresa EC Casas cun orzamento de 191.869,66 euros, é o primeiro paso dunha actuación máis ambiciosa encamiñada a extender o modelo de cidade a todo o barrio do Burgo. En último termo, esta actuación ten por obxectivo eliminar o tráfico innecesario, nomeadamente o de paso e o de axitación. e limitalo ao estritamente necesario para o funcionamento do barrio

O novo pavimentado obriga a cortar a Avenida da Coruña entre este...
Comentarios