O BNG esíxelle á Xunta que abra expediente sancionador a Naturgy polos cortes de luz

Os nacionalistas tamén reclaman no Parlamento un plan de investimentos para a mellora do subministro na cidade
presentación de la Ley de Memoria Histórica 
elaborada por el BNG.
photo_camera Luís Bará. ARQUIVO

O grupo parlamentario do BNG rexistrou este luns, por medio do deputado Luís Bará, unha proposición non de lei na que reclama á Xunta que incoe expediente sancionador á empresa Naturgy polos continuos cortes do servizo en Pontevedra.

"Causan graves perxuicios á actividade hostaleira e comercial e ao quefacer diario das persoas", indica Bará, quen se refire tamén ás "molestias" que provocan entre a poboación o bloqueo de ascensores e portas de garaxes,

O BNG tamén reclama que a Xunta esixa á empresa un plan de investimentos para a mellora do subministro na cidade de Pontevedra e un informe no que se detallen os cortes que se produciron, as súas causas e as medidas adoptadas para evitalos.

Por último, o grupo nacionalista demanda que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia organice unha campaña informativa sobre os dereitos das persoas consumidoras "en relación co mal funcionamento do servizo prestado polas compañías subministradoras de electricidade".

Ademais, o Concello de Pontevedra solicitará unha reunión coa Conselleria de Economía e Industria para que adopte medidas e estude posibles sancións á subministradora.

Comentarios