O Concello iniciará este martes os primeiros traballos para a renovación do campo de herba sintética da Xunqueira. O proxecto ten un custe de 272.243 euros e foi adxudicado á empresa Mecano Sport, que, segundo sinalou o Goberno local, "estivo agardando ata maio para iniciar os traballos".
Tal e como engadiu, "o contrato foi adxudicado a finais de outubro, pero a Concellería de Deportes negociou coa empresa para que os traballos comezasen nesta primavera e intentar non interferir no xogo dos equipos".
Por iso, dixo, "sen poder agardar máis por compromisos da empresa", a Concellaría empezará a obra "logo de manter contactos cos equipos que teñen competición oficial nestas instalacións". O prazo de execución é de dous meses.
Por outra banda, este martes se pechou ao tráfico a Avenida da Coruña dende as 9.30 ata as 12.30 horas para repoñer a capa de aglomerado nun treito desta rúa.
O Concello inicia as obras no campo de herba sintética da Xunqueira
Os traballos comezarán antes do previsto "por compromisos da empresa" adxudicataria