O Concello instala seis pasos de peóns elevados nas rúas Eduardo Pondal e Ramón Otero Pedraio

Levantarase un novo paso fronte á entrada do albergue de peregrinos
Rúa Eduardo Pondal. DP
photo_camera Rúa Eduardo Pondal. DP

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana as obras para instalar seis pasos de peóns sobreelevados nas rúas Eduardo Pondal e Otero Pedraio. A actuación realízase sobre cinco pasos de peóns de Eduardo Pondal xa existentes,a os que haberá que engandir un novo que se creará en Otero Pedraio fronte á entrada do albergue de peregrinos

A obra "responde á necesidade de instalar medidas de calmado de tráfico e de completar rutas accesibles na rúa", explican desde o Concello. 

Estas actuacións, ademais, atenden a unha demanda veciñal "que ten solicitado medidas redutoras da velocidade", engaden desde a entidade local. 

A empresa E. C. Casas atópase levantando as beirrarúas e creando guías para as persoas que posúan discapacidade visual. Cando se complete esta acción e se adapten as beirarrúas, asfaltarase a calzada

Desde o Concello explican que a instalación destes lombos en Eduardo Pondal "está incluído no Plan de Barrios" e lembran que estas actuacións se complementarán "con outra obra de gran magnitude", como será a reforma de Loureiro Crespo e parte das rúas do Castañal, "que está en proceso de contratación por 2,9 millones de euros". 

Comentarios