jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

'Xardíns que falan' súmase ao 25N e insta á sociedade a "sentarse e pensar"

Inauguración do banco. DP
Inauguración do banco. DP
O Concello instala un banco morado e varias composicións florais en Casto Sampedro e na Praza de España

Xardíns que falan sumáronse este xoves á conmemoración do 25N. A iniciativa, impulsada pola concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, preparou nos xardíns de Casto Sampedro unha composición de flores e bolboretas violetas. Ademais, instalouse un banco morado coa mensaxe: "Senta e pensa... no último machismo ante o que calaches #25N". 

Na Praza de España tamén se realizou unha composición floral e unha senda percorrida por unhas katiuskas, que simboliza a loita feminista. 

"A iniciativa Xardíns que Falan naceu co obxectivo de converter as zonas verdes urbanas en espazos vivos, que interactúan coa cidadanía, que se suman ás conmemoracións e celebracións e que, como acontece neste caso, serven para poñer de manifesto o posicionamento desde Concello a prol dun mundo feminista no que o terrorismo machista non teña cabida en ningunha das súas expresións", explicou o edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes.

Puentes lembrou que "temos metabolizados e normalizados determinados comportamentos machistas" e cre que vai "sendo hora" de "erguer" a voz contra eles. 

O banco reivindicativo foi inaugurado este xoves pola mañá coa presencia do tenente de alcalde, Tino Fernández, e a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco

'Xardíns que falan' súmase ao 25N e insta á sociedade a "sentarse e...
Comentarios
ç