9 de xullo

O Flop Festival, romaría electrónica orgullosa

Pontevedra remata as actividades arredor do Día do Orgullo LGTB co Flop Festival no Parque do Gafos ► José ‘Malaguita’ coordina unha proposta na que dez DJ pincharán durante doce horas
Jairo Moreno, José ‘Malaguita’ e Fernando Fernández Pidal co cartel do Flop Festival
photo_camera Jairo Moreno, José ‘Malaguita’ e Fernando Fernández Pidal co cartel do Flop Festival

"Hai música, hai festa, hai comida e hai ganas de pasalo ben. En Galicia a iso chamámoslle romaría", dixo este xoves a concelleira de Festas, Carme da Silva, para presentar o Flop Festival, unha festa de doce horas ininterrompidas de música electrónica, que se celebrar este sábado no Parque do Gafos e coa que se pecha a programación de Pontevedra arredor do Día do Orgullo LGTB. "Porque hai que seguir batallando cada día contra a homofobia latente, esta fin de semana toca reivindicación e festa". 

Da Silva, que estivo acompañada na presentación do evento polo seu coordinador, José ‘Malaguita’; o director do vídeo promocional, Jairo Moreno; e Fernando Fernández Pidal, de El Mono con Sombrero, responsable da food truck que se instalará no Gafos, fixo fincapé no interese do Concello por probar este espazo do Gafos "de cara a futuras experiencias". 

O DJ de Lisboa Tiago xunto aos madrileños Álvaro Cabana e Lanoche Live! acompañarán aos galegos Grobas, Certain People, Breigo e You-El e aos locais Tales of the System, Moreno Moreno e Samantha Calvario nunha festa de música electrónica de doce horas ininterrompidas que comezará ás doce do mediodía e rematará ás doce da noite. "La fiesta está basada en el Orgullo, pero, en realidad, celebra la tolerancia, la paz y la libertad", explicou Jairo Moreno. 

José Malaguita, que lembrou que o que hoxe se coñece como cultura de club naceu no seo do colectivo gay norteamericano (ellos fueron realmente un ejemplo de libertad y creatividad), coincidiu na mesma idea que Moreno. "De lo que se trata es de unir a la gente a través de la música y el baile", dixo. "Yo personalmente estoy muy orgulloso de vivir en una ciudad que monta este tipo de festivales, que son los que de verdad nos ponen en el mapa". 

Fernando Fernández, pola súa banda, explicou que El Mono con Sombrero instalará unha food truck que preparará comida rápida todo o día e fará bebidas especiais á hora do vermú e cócteles á tardiña.

Comentarios