O Galegote Rock trasládase á Praza da Pedreira

A previsión de mal tempo obriga ao Concello a instalar unha carpa en Mugartegui para realizar alí todos os concertos previstos para o 28 de abril  

Unha actuación do Galegote Rock 2017. BEA CISCAR
photo_camera Unha actuación do Galegote Rock 2017. BEA CISCAR

O festival Galegote Rock, que se celebra o sábado 28 de abril en Pontevedra, non se fará, como estaba previsto, en distintos puntos da cidade. A previsión de mal tempo obrigou aos seus promotores, o Concello e a Sala Karma, a trasladar todos os concertos á Praza da Pedreira. Alí estará instalada unha carpa, pola que irán pasando, entre as 12.30 e as 23.30 horas, Son da Rúa, Cinta Adhesiva, Dj Sr. Fiuza, Espiño, Esposa, Ataque Escampe, The Lely Kelly´s, Os Amigos dos Músicos, Dakidarría (acústico) e Dj Manuele Caamagno.

Coma é habitual no evento, que ten como obxectivo mostrar a música que se fai en galego na actualidade, a entrada será de balde. 

Comentarios