miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

O I Salón da Mobilidade e do Motor reúne peóns, bicicletas e automóbiles

Imaxe da convivencia entre peóns e vehículos en Pontevedra
Imaxe da convivencia entre peóns e vehículos en Pontevedra
A cidade recupera durante as dúas próximas fins de semana a feira e incorpora a convivencia entre vehículos e peóns

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá as dúas primeiras fins de semana de novembro a primeira edición do Salón da Mobilidade e do Motor ‘Móvete’, que contará coas principais marcas e empresas do sector automobilístico galego. O Concello de Pontevedra é o único patrocinador do evento, que está sostido polas empresas privadas participantes e cunha achega das arcas municipais inferior ao 20% do orzamento total.

A iniciativa será semellante á de anteriores feiras do automóvil da cidade, pero duplicando a duración por contar con dúas fins de semana, o que non ocorría desde 2012. Ademais, potenciará aspectos relacionados coa mobilidade sostible como principal novidade e como xerme dun futuro salón da mobilidade de Galicia, unha idea innovadora que pretende destacar o papel de Pontevedra neste aspecto.

Así, ademais do principal atractivo do salón, os automóbiles, haberá stands de bicicletas, segways ou karts, así como de neumáticos, aseguradoras, empresas de iluminación urbana e financeiras.

A maioría dos principais concesionarios da provincia confirmaron a súa participación na feira. Deste xeito, os establecementos Vepersa, Ibericar Gestoso, Celtamotor, Galmotor, Louzao, Dalonga, Pontecar, Cover, Roipesa, Mourente Motor e Ibericar Toyota amosarán as súas novidades no recinto feiral da cidade. Os visitantes poderán gozar de 13 marcas de vehículos novos: Audi, Volkswagen, BMW, Ford, Mini, Mercedes, Citroën, Mazda, Peugeot, Renault, Nissan, Skoda e Toyota.

O I Salón da Mobilidade e do Motor reúne peóns, bicicletas e...
Comentarios
ç