viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

Os alumnos do IES Sánchez Cantón recibe a medalla Gold de TeenTech

Alumnos del IES Sánchez Cantón
Alumnos del IES Sánchez Cantón
O concurso "destaca a profunda impresión que lle causou o nivel dos proxectos presentados" polos alumnos e o grao de implicación do centro e os profesores

O IES Sánchez Cantón vén de recibir a medalla Gold na final de TeenTech, celebrada en Londres.

Esta distinción súmase á medalla de prata xa recibida ao ser seleccionados os dous grupos para asistir á fase final. A medalla de ouro concédese de forma excepcional, en virtude duns requisitos moi exixentes que o colexio ou insituto debe cumprir. De feito, só seis centros británicos posúen a distinción da medalla de ouro actualmente.

O feito de que o centro non solicitase a medalla Gold e que fose a propia organización de TeenTech quen decidese concedela, "dá imaxe da importancia e valoración que fai TeenTech da participación dos dous grupos de alumnos do IES Sánchez Cantón".

Maggie Philbin, CEO de TeenTech, "destaca a profunda impresión que lle causou o nivel dos proxectos presentados" polos alumnos e o grao de implicación do centro e os profesores no concurso.

Os alumnos do IES Sánchez Cantón recibe a medalla Gold de TeenTech
Comentarios