O Inem ofertou 1.000 empregos na cidade e só se cubriron a metade

Os postos que atoparon menos candidatos foron os de camareiro, fisioterapeuta, dependente e asistente ►Deportistas e mecánicos navais, entre os de difícil ocupación
Camareros trabajando en las terrazas
photo_camera Camareros trabajando en las terrazas

As dúas oficinas do Servizo Galego de Colocación que hai na cidade (na rúa Eduardo Pondal) xestionaron ó longo do ano pasado un total de mil ofertas de traballo dirixidas ós desempregados rexistrados na comarca de Pontevedra. O cómputo implica un ritmo de catro ofertas por día laborable e, a todas luces, queda curto para as más de 10.000 persoas sen traballo que residen neste territorio. Os datos do IGE (Instituto Galego de Estatística) correspondentes ó mes de marzo precisan que na comarca de Pontevedra hai 10.491 desocupados, dos que 6.858 residen no municipio capitalino. Sen embargo, as fontes consultadas na Consellería de Economía e Industria revelan que a metade das ofertas tramitadas o ano pasado quedaron sen cubrir, ben porque os candidatos non se axustaban ó perfil ou ben porque as condicións non satisfacían ós asalariados en potencia.

As profesións máis fáciles de ocupar e para as que xurdiron máis aspirantes foron as de cociñeiro, administrativo, persoal de limpeza e peón de obras públicas. En cambio, as ofertas de axente comercial, fisioterapeuta e asistente no domicilio apenas acadaron pretendentes. Pasa o mesmo os postos de camareiro e dependente de comercio, pese á importancia que ten o sector servizos na cidade e aínda que no municipio hai agora mesmo 1.035 persoas demandantes de emprego na área de comercio e 990 no campo da hostelería. As razóns? As fontes consultadas atribúen esta circunstancia a que no momento de lanzar a oferta non foi posible atopar o perfil buscado.

A nivel da provincia, a maior parte dos postos calificados «de difícil cobertura» están relacionados co sector naval como, por exemplo, os de frigoristas, mecánicos, xefes de maquinistas, pilotos de buques, camareiros de barco e oficiais radioelectrónicos. Outras das ofertas máis complicadas de cubrir no último ano foron las de deportistas profesionais e adestradores.

Necesitamos autogoberno para poder decidir sobre o noso territorio» Hai que tentar cambiar o tecido produtivo, para ir máis cara a industrialización» Debería potenciarse o establecemento de empresas de carácter tecnolóxico»