O Luís Seoane presenta o Premio Cidade de Pontevedra aos veciños

O Concello considera que o barrio de Monte Porreiro rompeu moldes e encarna valores sociais exemplares como a inclusión e o compromiso

O IES Luís Seoane quixo facer partícipe a toda a veciñanza de Monte Porreiro do Premio Cidade de Pontevedra que o pasado mércores recibiu do Pleno da Corporación.

O galardón ao IES Luís Seoane é un premio a todo o barrio de Monte Porreiro, no que este centro educativo é un símbolo. O Concello de Pontevedra considera que o barrio rompeu moldes e que encarna valores sociais exemplares como compromiso, interculturalidade, inclusión e solidariedade. Os seus valores están presenten no IES Luís Seoane, que foi a candidatura que recibiu os apoios máis heteroxéneos para a consecución do premio: asociacións veciñais e culturais, sindicatos, comunidades educativas e mesmo o representante do Pobo Marroquí en Galicia.

O barrio pontevedrés é un punto de encontro, un espazo colaborativo que ten a súa máxima no IES Luís Seoane. O venres, instituto e veciñanza celebraron xuntos un galardón que veu a recoñecer o esforzo de toda unha comunidade.

Comentarios