sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

O swing da Boa Vila

Unha actuación das Noitadas de Jazz. GONZALO GARCÍA
Unha actuación das Noitadas de Jazz. GONZALO GARCÍA
As Noitadas de Jazz están a ser todo un éxito en Pontevedra e este xoves volverán marcar o ritmo na Praza da Ferraría coa actuación de Current Location e os pasacalles de Chivinjazz

Pontevedra ten swing. Polo menos así o o evidencia o éxito que está a ter o ciclo de Noitadas de Jazz organizadas polo Concello, enmarcadas dentro do programa O Son da Rúa da Axenda de Verán 21.

Antes de que as notas de jazz se vaian estendendo e coloreando as noites de verán na Praza da Ferraría,a streer band Chivinjazz segue a animar o corazón da Boa Vila co seu pasacalles ás 12.00 horas e ás 20.00. Tanto pequenos como non tan pequenos seguen o ritmo que propón o grupo e que non deixa indiferente a ninguén. Difícil resulta para moitos non sumarse ó pasarrúas e desfilar pola cidade simulando ser uns artistas de jazz máis.

Este mércores, cando xa case era noite pecha en Pontevedra, o público pontevedrés puido achegarse un pouco máis a cultura do jazz da man do Chemin Jazz Quartet, que cun amplo abano de temas fixo vibrar ós asistentes. De feito, foron moitos ós que lle custou manterse sentados nos asentos habilitados na Praza da Ferraría para poder gozar da música coa máxima protección posible.

Pero o jazz non para en Pontevedra e este xoves, ademais de poder seguir desfrutando do pasarrúas que realizará Chivinjazz tanto ó mediodía como ás oito da tarde, a Boa Vila, e en concreto a Praza da Ferraría, acollerá o concerto de Current Location, banda de jazz que iluminará a noite pontevedresa coas súas rítmicas e traballadas letras.

Pero este xoves non remata o jazz na cidade, pois o colofón final a estas Noitadas de Jazz virá da man do grupo Circus, que leva varios anos viaxando pola comunidade galega. A música de Circus é unha mestura de temas orixinais creados polo trío de artistas que conforman o grupo –Alberto Vilas, Noli Torres e José Manuel Díaz– e unha longa lista de arranxos exclusivos feitos a cancións de sempre de autores como Silvio Rodríguez, Violeta Parra, Pablo Milanés ou outros grandes compositores de música clásica. 

O que están a propoñer estas Noitadas de Jazz é o contacto cunha cultura e cun estilo de música que non se acostuma a escoitar nin a ocupar un gran espazo nos principais carteis.

Sentados nunha das prazas máis importantes da cidade de Pontevedra, o público da Boa Vila está a responder con creces a esta "chamada do jazz". O cheo practicamente total que se está a dar en todas as sesións que forman parte do ciclo ratifícao. Dende que Terele Grandín deu o pistoletazo de saída ás Noitadas co seu repertorio baseado nas composicións do brasileño Dori Caymmi, as noites pontevedresas tinguíronse de jazz e o seguirán facendo, ata este venres, precedidos por Chivinjazz.

O swing da Boa Vila
Comentarios
ç