Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

A obra de José Solla aluma o verán do Museo de Pontevedra

Imaxes do acto inaugural da mostra de José Solla. DAVID FREIRE
Imaxes do acto inaugural da mostra de José Solla. DAVID FREIRE

O Sexto Edificio acolle desde este xoves a exposición 'Coplas de cego', que recolle 109 pezas do autor desde os anos 60 ata os nosos días e que permanecerá aberta ata o 23 de setembro

O Sexto Edificio aluga desde este xoves a gran exposición do Museo de Pontevedra neste verán. Coplas de cego é a mostra adicada ó artista marinense José Solla, na que se mestura a tradición e o costumismo coa sexualidade a relixión ou o mar.

No acto inaugural, o comisario da exposición, Ramón Rozas, falou da importancia de que a obra de Solla "una os dous mundos", o do Mar de Plata, onde reside o autor parte do ano, e o de Pontevedra e Bueu, onde pasa os meses de verán. Pola súa banda, José Solla quixo agradecer a todos os actores implicados nesta colección tan densa a súa implicación para que fose unha realidade .

Na súa intervención, o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle destacou a excelente calidade desta mostra, que centrará a actividade da entidade no verán.

Así, o Sexto ofrece unha colección de 109 pezas dividida en varias partes; unha introducción formada por obras que o marinense asinou nos anos 60; unha primeira parte centrada no mar e que se desenvolve nos anos 70; unha transición que inclúe debuxos e bocetos; e unha segunda etapa, inspirada no Románico e na súa simboloxía.

Á mostra hai que engadir a reproducción dunha peza que reproduce na cristaleira do edificio a obra que Solla ten na Praza Massó de Bueu, así como unha peza audiovisual realizada por Alba Sotelo.

A obra de José Solla aluma o verán do Museo de Pontevedra
Comentarios