A obra de soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro obriga o corte da rúa dos Campos

O Concello advierte que a intervención prolongarase cando menos durante tres semanas

Plano facilitado polo Concello de Pontevedra.DP
photo_camera Plano facilitado polo Concello de Pontevedra.DP

As obras de soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro obrigarán o peche da rúa dos Campos a partir do luns 11 de xuño, ás 9.30 horas da mañá.

O Concello de Pontevedra informa a través dunha nota de prensa do corte no acceso e saída do barrio nun periodo de cando menos tres semanas. Deste xeito, o acceso á zona realizarase desde á zona norte, pola Avenida de Bos Aires e a Ponte das Palabras. O goberno local recomenda o paso aos vehículos de paso polo eixo norte-sur que opten por circunvalar a zona por Santa Margarita, rúa da Seca, Xosé Malvar, Ponte dos Tirantes, Alexande Bóveda e avenida de Compostela.

Aínda con todo, os residentes poderán seguir utilizando a rúa dos Campos.

O Concello tamén anuncia un amplo dispositivo de sinalización arredor da obra e no barrio para informar e orientar os condutores e informará os veciños de Monte Porreiro.

Comentarios