martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

As obras de mantemento na AP-9 obrigan a pechar as pistas deportivas de Mollavao

Inicio de las obras de conservación del puente de la autopista a su paso por Mollavao. GONZALO GARCÍA
Inicio de las obras de conservación del puente de la autopista a su paso por Mollavao. GONZALO GARCÍA (ADP)
Segundo a información facilitada por Audasa, os traballos durarán preto de dúas semanas, ata o 11 de setembro, aproximadamente

As pistas deportivas de Mollavao, situadas xusto por baixo da autoestrada AP-9 ao seu paso por Pontevedra, permanecerán pechadas un tempo por mor das obras de mantemento que está a realizar a empresa responsable do vial, Audasa.

O peche vén motivado pola idea de garantir a seguridade dos usuarios destas pistas, namentres continúen os labores de mantemento pendentes por Audasa, e así corrixir deficiencias detectadas na zona.

A duración deste peche será indefinida no sentido de que volverán ser abertas ao momento do remate das actuacións.

Porén, a información facilitada por Audasa aos servizos municipais é que os traballos durarán preto de dúas semanas, ata o 11 de setembro, aproximadamente.

As obras de mantemento na AP-9 obrigan a pechar as pistas...
Comentarios
ç