sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

As obras na Ponte do Burgo continuarán durante o Nadal

Varanda na Ponte do Burgo. CONCELLO
Varanda na Ponte do Burgo. CONCELLO
Manterase a restricción de tráfico en Domingo Fontán para os traballos de renovación do subministro de auga

O concelleiro de Obras Urbanas de Pontevedra, Demetrio Gómez, informou este martes de que as obras na Ponte do Burgo se manterán durante o Nadal e de que, polo tanto, seguirán as actuais restriccións de tráfico na avenida Domingo Fontán. 

O edil avanzou que esta semana comezarán os traballos de renovación do subministro de auga, unha vez que remataron os de reparación da avaría na galería de servizos á altura das Corvaceiras que se producira a finais de outubro.

O Concello asegura que o arranxo desa avaría foi o motivo de que se retrasase o inicio da obra de encamisado da tubaxe da auga na Ponte do Burgo, e que esa demora "obriga a manter as obras operativas durante o período de Nadal para poder cumprir os prazos previstos de execución". "Levabamos un colchón dun mes que quedou nun colchón de menos dunha semana para poder rematar en febreiro", dixo Gómez.

As concellarías de Obras e de Seguridade Cidadá traballan "para que este elemento se incorpore ao plan de tráfico de Nadal", que se fará público nos próximos días. Á espera, o edil recomendou xa, para evitar "as incomodidades" que as obras poidan ocasionar, o uso dos aparcadoiros de borde e a planificación escalonada das compras de Nadal.

As obras na Ponte do Burgo continuarán durante o Nadal
Comentarios