A oficina da Feira Franca estará aberta ata o luns

Está ubicada nas dependencias do antigo edificio do Conservatorio de música, na rúa Alfonso XIII

O Concello manterá aberta a Oficina da Feira Franca ata o próximo luns, 17 de xullo, incluído. En principio estaba previsto que pechase as súas portas o día 15, pero ao coincidir en sábado, a Concellaría de Festas acordou abrir durante toda a xornada do luns.

A oficina, ubicada nas dependencias do antigo edificio do Conservatorio de música, na rúa Alfonso XIII, ten un horario de atención ao público de
10.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

A oficina está a canalizar peticións, preguntas e reservas de todos os particulares para preparar ceas e xantares, do mercado medieval e da hostalería que
queiran montar durante a Feira Franca.

A oficina tamén dispón dun teléfono de contacto para consultar as dúbidas. É o 986 86 05 87 ou a través do correo [email protected]