miércoles. 16.10.2019 |
El tiempo
miércoles. 16.10.2019
El tiempo

O operativo do ProTour retrinxe o estacionamento na zona Norte da cidade

Percorrido da proba deportiva. FETRI
Percorrido da proba deportiva. FETRI
Segundo sinalou o Concello, en ningún momento se limitará a mobilidade peonil nin a motor polas rúas nas que se desenvolverán as probas deportivas por coincidir en fin de semana festivo

A cidade de Pontevedra acolle esta fin de semana unha das citas máis agardadas no calendario deportivo da cidade: o novedoso campionato Protour Pontevedra 2019, unha competición na que os mellores 40 triatletas masculinos e femininos do Estado compiten entre si nunha proba superspring.

Da man das federacións española e galega de Tríatlon, o Concello agarda volver vivir dúas emocionantes xornadas de competición que implican a posta en marcha dun operativo especial de tráfico na zona Norte da cidade, limitado ao ámbito da avenida de Compostela, ao campus universitario e á avenida de Bos Aires e o seu entorno. A pesar do operativo, non se vai limitar a mobilidade nin peonil nin do tráfico rodado en ningún momento.

Está previsto que a incidencia no tráfico sexa moito menor, ao coincidir o Protour e o Campionato de España Tríatlon Contrarreloxo en fin de semana.O que si hai son restriccións de estacionamento. As primeiras comenzaron este xoves a partir das 22.00 horas na avenida de Bos Aires (entre a ponte dos Tirantes a ponte das Palabras) e na rúa Enxeñeiro Rafael Areses. Neste último caso é porque, ao cadrar a feira en sábado festivo, trasládase para este venres. Polo tanto, o estacionamento nesta rúa queda prohibido ata o domingo 13 ás 20.00 horas.

Máis polo miúdo, este venres queda prohibido o estacionamento a partir das 22.00 horas nas rúas avenida Bos Aires (entre a Ponte de Santiago e a Ponte dos Tirantes), no aparcadoiro do Recinto Feiral, en Alexandre Bóveda, Enxeñeiro Rafael Areses, Avenida Compostela (completa), Celso Emilio Ferreiro e no Campus Universitario.

O operativo do ProTour retrinxe o estacionamento na zona Norte da...
Comentarios