Operativo especial de tráfico durante esta fin de semana

AEMET prevé máximas de 36°C e mínimas de 22°C​

Imagen de archivo de la Feira Franca. DP
photo_camera Imagen de archivo de la Feira Franca. DP

Coa previsión dunha elevada afluencia de persoas e vehículos durante a Feira Franca, o Goberno municipal organizou un dispositivo especial de tráfico, que suporá o peche de varias vías.

Quedarán cortadas ao tráfico rodado Arcepisbo Malvar, Condesa Pardo Bazán, Alameda no seu desvío por Echegaray, Galera, Michelena e os tramos peonís de Benito Corbal e Peregrina. Ademais, a partir do sábado ás 10.00 horas prohibirase tamén a circulación polas rúas da zona monumental, e desde as 14.00 horas tamén por Víctor Said Armesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e Canaval. Durante a actividade de traslado do viño realizarase un corte puntual na rúa Santa Clara, así como nas súas interseccións con Cobián Roffignac e con Perfecto Feijoo.

Dada a gran cantidade de rúas que se verán afectadas tamén por restricións de estacionamento, recoméndase o uso dos aparcadoiros disuasorios (Mollavao, Pavillón de Deportes, explanada do Recinto Feiral, Avenida de Bos Aires e Xosé Malvar Figueroa, A Parda, Avenida de Vigo e Pasarón).

Temperaturas
AEMET prevé máximas de 36°C e mínimas de 22°C​

 
Segundo datos da Axencia Española de Meteoroloxía, a Boa Vila contará o sábado, día forte da Feira Franca, con altas temperaturas nas horas centrais do día, alcanzando os 36°C. A temperatura mínima na noite do sábado será de 22°C , e na do venres de 18°C. MeteoGalicia rebaixa estes datos prevendo máximas de 32°C o día 1 e mínimas de 20°C e de 19°C para as noites de sábado e venres, respectivamente

Comentarios