Operativo especial de tráfico polo campionato estatal de tríatlon deste sábado

As vías máis afectadas serán a entrada de Santiago, a N-550 e a PO-224, que enlaza Xeve co Pontillón de Castro

 

 

Modificacións do tráfico. POLICÍA LOCAL
photo_camera Modificacións do tráfico. POLICÍA LOCAL

O Campionato de España de Tríatlon que acolle este sábado a Boa Vila traerá consigo varias restricións na circulación, tanto no centro da cidade como nos accesos á mesma. A estrada de Santiago, a N-550, e a PO-224, que enlaza Xeve co Pontillón do Castro, serán as principais afectadas pola proba deportiva.

As rúas que permanecerán máis tempo pechadas ao tráfico, entre as 07.45 e as 21.30 horas, son a Avenida de Bos Aires, a das Corvaceiras e a de Uruguai, así como a zona do Campus Universitario.

O transcurso da carreira a pé suporá o corte de 15 rúas do centro da cidade. Entre as 10.30 e as 21.30 horas permanecerán pechadas Benito Corbal, Daniel de la Sota, Peregrina, Curros Enríquez, Sarmiento e a dos Soportais.

Nun horario máis reducido que o anterior, entre as 12.00 e as 21.30 horas, o tráfico ficará restrinxido nas rúas Cobián Roffignac, Padre Amoedo, Cruz Vermella, Santa Clara, Padre Fernando Olmedo, Padre Gaite, Perfecto Feijóo e Álvaro Cunqueiro.

O estacionamento ao longo do circuíto está tamén prohibido.

Comentarios