A Orde do Caldo de Mourente inviste a cinco novos cofrades

A 39ª Festa do Caldo celebra este domingo o seu día grande coa degustación popular a partir das 12.00 horas nunha carpa instalada nos Areás
O novos cabaleiros da Orde do Caldo, junto a los concelleiros y directiva de la Festa do Caldo. JAVIER CERVERA - MERCADILLO
photo_camera O novos cabaleiros da Orde do Caldo, junto a los concelleiros y directiva de la Festa do Caldo. JAVIER CERVERA - MERCADILLO

A Orde do Caldo de Mourente invisteu este sábado aos novos cofrades nun acto que, finalmente, trasladouse ao lugar dos Areás por culpa da choiva e non se puido facer de novo baixo o carballo de Santa Margarida. O presidente da Festa do Caldo, Antonio Reguera, deu a benvida aos cabaleiros Javier Porras Gómez, policía de Vilagarcía condecorado coa Cruz de Isabel la Católica; José Luis Sarandeses, xefe do Servizo de Cultura e Festas do Concello; Juan José López Peña, director da Residencia de Maiores de Campolongo; José Luis Villanueva Vicente, patrón maior dos mariscadores de Carril; e o armador Borja Vidal González. Tamén figura entre os novos cofrades aprobados pola Orde do Caldo, Carmela Silva, presidenta da Deputación, que non puido acudir ao acto.

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco; e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, que xa forman parte da cofradía, encargáronse de colocar a capa de cofrades, medallas e colar aos novos cabaleiros que pasan a formar parte dos preto de 160 Damas e Cabaleiros que suma a Orde do Caldo. Neste sentido, Antonio Reguera dixo que "estamos abertos a tódolos que queiran formar parte da orde", con especial chamamento ás mulleres, que son minoría dentro dos cofrades ata a data. O presidente da Festa do Caldo, Santiago Laya, aproveitou para solicitar máis axuda ao Concello para a organización dunha festa que "supone un sacrificio muy grande".

PREZOS

 A 39 edición da Festa do Caldo celebra hoxe o seu día grande coa degustación do caldo de Mourente aberta a todo o público nunha carpa situada nos Areás. O prezo da cunca serigrafiada é de 2,50 euros "e pódese repetir as veces que se queira", segundo Laya, mentres que a cazola coa carne de porco e tenreira, patacas e chourizo custará 6 euros. As racións serviranse ata agotar as existencias ou o público.

O cantante Antonio Barros lerá o pregón ás 13.00 horas e os grupos Foula, A Cabeza non Para e a Coral Amigos de Mourente porán a música ao longo de todo o día nesta cita gastronómica que espera recibir a 4.000 persoas.