Os vinilos nunca se foron

Nun momento no que a industria vaticina que os vinilos están a punto de superar en vendas aos CD, Pontevedra é unha cidade sen tendas de discos. Quen aínda traballa con eles non apreza estes cambios: nunca deixaron de mercarse, pero apenas o fai a xente nova
A propietaria de Carnaby, Inma González, con algúns dos vinilos que ten á venda na súa tenda. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera A propietaria de Carnaby, Inma González, con algúns dos vinilos que ten á venda na súa tenda. JAVIER CERVERA

"La sensación que tienes cuando dejas caer la aguja en el disco es muy especial. Nada que ver con lo que significa poner un CD o escuchar música digital", explica Inma González. A súa tenda de inspiración retro, Carnaby, é un dos poucos espazos nos que aínda se pode mercar un vinilo en Pontevedra, unha cidade na que hoxe non quedan tendas de discos. Hai CD á venda nalgunha superficie comercial e tamén algúns concretos en establecementos como a Libraría Paz. Ademais, hai un posto de vinilos no rastro que se monta cada domingo na Rúa Serra, igual que tamén os hai de segunda man á venda no Cash Converters. "En mi caso, los discos que tenemos son los que tienen que ver con el perfil de la tienda: de soul, de funk, de reggae, de ska... Evidentemente aquí no vas a encontrar un vinilo de Billie Eilish", explica Inma González.

"Igual que, cando se dicía que estaba morto, se seguía vendendo, agora, que din que se vende máis, eu tampouco o noto", sinala Manuel Otero

Billies Eilish é precisamente unha das novas artistas que editan o seu trabajo en vinilo con bos resultados. Segundo publicou a revista Billboard, vendeu 16.000 copias nos Estados Unidos na última semana de 2019. Citando datos de Nielsen Music, a publicación estadounidense di que neses mesmos días as vendas de vinilos superaron o millón de copias en Estados Unidos, unhas cifras que non se acadaban dende tres décadas atrás. Algo semella estar pasando cando unha marca como Sony, que deixara de fabricar discos en vinilo en 1989, volveu empezar a facelos o ano pasado. Segundo datos de Promusicae, en España a venda de vinilo medrou un 52,9% nos últimos meses, mentres o CD o fixo a un ritmo do 9,7%. O mesmo informe de Promusicae confirma que o 76,8% dos ingresos da industria musical no Estado provén do que xenera o streaming (distribución dixital), o que o sitúa moi por enriba de calquera formato físico.

CAUTELA. "Todos eses datos que dá a industria, eu tómoos con cautela", di Manuel Otero, de Sanxenxo, que leva 20 anos organizando feiras do vinilo por toda España. "A miña experiencia non pasa por estar vendendo agora máis música en formato físico. Sempre se vendeu vinilo, mesmo cando se dicía que estaba morto. Nunca deixou de venderse, nin no apoxeo do CD. Igual que agora tampouco noto que se venda máis. Atopar un rapaz de menos de 25 ou 30 anos mercando un vinilo é algo rarísimo". É exactamente a mesma experiencia que ten Inma González. "Aquí sigue viniendo el mismo tipo de cliente que siempre ha venido, que nunca dejó de hacerlo, alguien al que le gusta el vinilo como formato y que cree que su sonido no es comparable a nada digital. Pero no noto que haya ido a más. No ves comprándolos, por ejemplo, a chavalitos jóvenes".

"Aquí sigue viniendo el mismo tipo de cliente que nunca dejó de hacerlo", di Inma González. "Lo que no ves son chavalitos jóvenes"

Para Manuel Otero, o que sufre unha crise en xeral é o formato físico. "O libro, o periódico, o disco... Supoño que é algo que vai cos tempos".

E este domingo. 6.000 referencias na Feira do Cocido

Catro vendedores porán á venda entre 6.000 e 7.000 referencias en vinilo, este domingo, na Feira do disco de vinilo, que manuel otero organiza no Hotel rías Bajas. "Somos vendedores galegos e asturianos", explica o promotor da actividade, que realiza este tipo de eventos de xeito periódico. "eu traballo fundamentalmente con primeiras edicións, pero os meus compañeiros tamén traballan reedicións. e un deles ademais traerá entre 600 e 700 cd". Porque otero non cre que haxa que demonizar nin un formato nin o outro. "Seguramente teñan ambos cousas a favor e en contra", conclúe. 

A entrada á feira, na que ademais de vender se merca, custa 1 euro (que despois se canxea en calquera compra superior a 20 euros). Horario: de 11.00 a 14.30 e de 16.15 a 20.00 horas.

Comentarios