"Os xóvenes son o futuro, pero o Concello ignóraos"

O candidato de CxG analiza cos máis novos os seus problemas para atopar emprego

Un momento do acto celebrado na Casa da Luz. COMPROMISO POR GALICIA
photo_camera Un momento do acto celebrado na Casa da Luz. COMPROMISO POR GALICIA

Dentro do plan de emprego e atención aos mozos que Compromiso por Galicia desenvolve no su programa, o partido galeguista realizou este martes un acto na Casa da Luz con mozos e mozas da cidade. "Os xóvenes han de construír esta cidade, pero o Concello ignóraos", dixo Núñez Rajoy na reunión, na que tamén participou Daniel Lago, candidato de Compromiso por Galicia ao Parlamento Europeo pola coalición CEUS.

A principal aposta de Núñez Rajoy para loitar contra a precariedade e o desemprego xuvenil é a creación dun clúster das Artes e do Deseño no antigo edificio de Hacienda. "A creación artística e o deseño gráfico e industrial han ser capaces de artellar un modelo económico que potencie o emprego xuvenil", dixo o candidato. Neste centro incluiríanse obradoiros e postos de traballo, ademáis de puntos de axuda ao emprendemento e asesoramento xurídico e fiscal.

No fomento do emprego xove tamén se encadra a Oficina Municipal do Autónomo, que busca funcionar man con man cos coworking da cidade. Ofrecerá servizos que agora un emprendedor só obten mediante o seu investimento, tales como a asesoría estratéxica, estudos de mercado, busca de inversores ou asesoría fiscal.

Na xuntanza do martes plantexouse tamén a creación do Consello Local da Xuventude para que os mozos poidan discutir e propoñer políticas ou actuacións enfocadas a mellorar o seu futuro.

Pola súa banda, Daniel Lago, membro da candidatura de Compromiso por Galicia ao Parlamento Europea, propuxo a creación dun Erasmus de Formación Profesional. O plantexamento é que aqueles mozos que non opten por estudos universitarios teñan, do mesmo xeito, a oportunidade de desenvolver e complementar a súa formación nun ámbito internacional.

Outra das propostas que se fixeron no acto son as axudas para que os mozos e mozas se poidan independizar. O que se plantexa é que, Pontevedra, como cidade universitaria, fomente a creación dunha bolsa de vivendas para estudantes con alugueiros baixos.

Comentarios