domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

A outra tarefa da avoa Tere

Tere Casal, no parque de Barcelos, cun dos seus netos. GONZALO GARCÍA
Tere Casal, no parque de Barcelos, cun dos seus netos. GONZALO GARCÍA

A número dous de Marea Pontevedra compatibiliza a campaña co coidado dos seus netos ▶Confésase "purista e idealista" e asegura que, malia as siglas, "eu sigo sendo socialista"

Tere Casal empurra o bambán de Martín, o seu neto, que sorrí malia estar un pouco acatarrado. "Non me digas que non parece un querubín", apunta a avoa, que leva posto o vestido que seus fillos lle regalaron no día da nai. A número dous de Marea Pontevedra compatibiliza a campaña electoral co coidado dos seus netos, que é a súa outra tarefa, "e acabo derreada".

Pero dálle igual, porque a Tere Casal a casa non lle gustou nunca. "Estou a gusto e quérolle á familia, pero botaba de menos a política e foron os meus fillos os que me animaron a volver", explica.

Que non lle guste quedar na casa non significa que non goce da compañía da súa familia. Casal confesa non ser a avoa que pasa a mañá do domingo cociñando, pero sí que celebra todos os días especiais. "Se é o día da nai reunímonos, celebramos todos os aniversarios... gústame festexalo todo". E tamén lle gusta cociñar, aínda que lle cansa cando ten que facelo todos os días.

Pero, que pasa na sobremesa? "Non facemos debates políticos de sobremesa, o meu marido é dunha tendencia que nunca entenderei, de centro, e meus tres fillos tiran máis á nai. Por iso non famalos moito de política, porque somos catro contra un e o pobre está en minoría", sinala Casal, que engade que nese mesmo momento o seu marido se atopa na igrexa. "El vai á misa porque é un home crente, conservador. Son unhas ideas diferentes ás miñas, pero non o levamos mal", conta.

De feito, a pesar das súas crenzas, nestas eleccións collerá a papeleta de Marea Pontevedra para votar pola súa compañeira. "Na nosa casa o voto non é segredo, ademais, nestas últimas eleccións xerais, meu home decatouse de que ese suposto centro no que el cre estaba un pouco descentrado", indica.

A avoa do pelo lila -antes vermello- pasea orgullosa cos seus netos pola cidade. "O maior xa entende e está moi orgulloso de min cando lle falo de como rehabilitamos o casco vello", conta referíndose á época na que formou parte do Goberno local como concelleira socialista. "Sei ben o que é pelexar co BNG, din que o mellor está por vir pero, que é o mellor? Volver levantar Benito Corbal?", pregúntase. Do mesmo xeito, defínese como unha "purista", unha "idealista". "Eu sigo sendo socialista, que é Felipe González?", pregúntase.

A outra tarefa da avoa Tere
Comentarios