Protesta para que o CEIP Barcelos recupere unha aula de Infantil suprimida na pandemia

Demandan unha reunión "urxente" co xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, xa que non poden "entender que se suprima unha das aulas cando máis falta fai"
GON LUGAR: Diante do CEIP Barcelos TEMA: Supresión aula de 3 anos do colexio de Barcelos PARTICIPAN: Manuel Lourenzo (deputado no Parlamento Galego) acompañado polas nais e pais do alumnado de 3 anos, martes, 15 sept · 10:15–10:15
photo_camera Protesta dos pais de alumnos do CEIP Barcelos. GONZALO GARCÍA

Nais e pais de alumnos do CEIP Praza de Barcelos na cidade de Pontevedra protagonizaron este martes unha protesta ante o centro escolar situado en pleno centro urbano na que reclamaron á Consellería de Educación que rectifique na súa decisión de pechar unha das dúas aulas das que até agora dispuñan en cuarto curso de Infantil. 

Almudena López, portavoz das familias, leu un comunicado no que se criticou a medida que adopta a Consellería de Educación "xustamente no medio dunha crise sanitaria desta magnitude" obrigando a estar nun mesmo espazo a un total de 23 pequenos cando "neste colexio non hai os problemas de espazo que sofren outros centros" en canto a falta de espazo ou aulas para dividir ao alumnado. 

Os pais demandan unha reunión "urxente" co xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, xa que "non podemos entender que se suprima unha das aulas cando máis falta fai". 

Cando o pasado mes de xullo a Inspección Educativa tomou a decisión de pechar unha aula había 19 alumnos matriculados, pero o CEIP Praza de Barcelos adoita incrementar as matrículas ao longo do curso e a día de hoxe xa son 23 os alumnos deste curso de Infantil. 

Entre outros apoios, as familias contan co respaldo do Concello de Pontevedra, coa presenza na concentración de varios concelleiros. Tamén o grupo do BNG no Parlamento galego presentará un escrito na Xunta de Galicia como anunciou durante a protesta o deputado nacionalista Manuel Lourenzo, que valorou como unha "absoluta irresponsabilidade" a decisión da Xunta no actual contexto de pandemia pola covid-19. 

QUE A XUNTA "SE POOÑA AS PILAS". "Esiximos que a Xunta de Galicia poña as pilas e traballe para a contratación de profesorado", dixo Lourenzo. 

O parlamentario do Bloque situou o peche desta aula no colexio de Barcelos no "cúmulo de irresponsabilidades" que, ao seu xuízo, está a cometer o goberno autonómico co inicio do curso escolar. E asegurou que "non hai ningún criterio economicista que quede por encima dos dereitos á saúde e da educación" e puxo a disposición da comunidade educativa ao BNG "para que se faga xustiza".