Panaderías Acuña iniciará unha plantación de trigo Callobre para elaborar un novo pan artesán

Será o primeiro cultivo na provincia deste cereal autóctono, en Vilaboa
Andrés Acuña. DP
photo_camera Andrés Acuña. DP

Andrés Acuña Blanco, na súa continua labor de investigación e de elaboración de novos productos para o mercado, anunciou esta semana o inminente cultivo, en Vilaboa, de trigo Callobre, unha variante autóctona de alta calidade coa que comezará a elaboración dun novo pan artesán a partir de outubro.

AcuñaSegún explica o propio Andrés, “o trigo callobre é unha especie autóctona de Galicia que para nós supón poder traballar cun trigo primitivo e ancestral. É natural ao cen por cento e non sufre ningún tipo de alteración. Este cereal é una antiga variedade galega, con indicación xeográfica protexida e que non ten sufrido modificación algunha para ser máis productivo, o que o convirte nunha fariña de altísima calidade”.

Acuña narra as particularidades de esta especie, que a convirten en única: “Estou a falar dun trigo blanco que ten unha característica especial, porque a moenda que se lle fai, nun muíño de pedra, consegue que quede un pouco máis escuro e que teña tamén un sabor característico, máis forte que o dos trigos convencionais. Ademáis, nós metémoslle algunhas variantes no proceso de elaboración. Por exemplo, aos trigos convencionais se lles quita o xerme antes de moer para que aguante máis tempo a fariña. Neste caso non se fai así e, ao proceder deste xeito, obtemos esa grasa que fai da fariña algo especial que se transmite, posteriormente ao sabor e á textura do pan. Nesta moenda con xerme obtense unha fariña cunha caducidade moito máis pequena, xa que aos dous meses, mais ou menos, xermina. Pola contra, o que obtemos coa fariña de trigo callobre moída deste xeito é un pan con moito sabor e cen por cento natural”. O interese por elaborar pan callobre alimentouse cunha visita de Acuña a un panadeiro coruñes: “O trigo Callobre lévase cultivando hai anos nesa zona. Hai un panadeiro ali, Manuel Acuña, que leva xa unha década plantando este trigo. O ano pasado fun eu a esa panadería, que é bastante grande, e gustoume moito a idea. A razón doutra visita que tiven a Melide, onde estou comprando tamén fariña de trigo callobre para facer un pan novo que xa estamos a producir e a comercalizar, comenteille o tema ao propietario do muiño e faleille dos terrenos que temos en Vilaboa. Se conseguimos a semente, a idea é que nós cultivemos aquí e que o resultado da nosa colleita se poda moer no muíño deste home en Melide. Él mesmo nos facilitará a semente para que nós iniciemos o cultivo”.

O tratamento deste trigo ten tamén peculiaridades, como relata Acuña: “Agora toca labrar a terra para, despois, en marzo, sementar. Logo, para setembro, temos que traer unha máquina que nos axudará na recolección”.Acuña trigo callobre

A primeira producción será pequena, pero Acuña xa ten estudadas posibilidades de crecemento se o mercado responde ben ao producto. “Este primeiro ano non será unha colleita grande. Trátase de adquirir experiencia. Será un proxecto un pouco costoso nese sentido, porque non esperamos obter beneficios neste primeiro ano. Logo de moer ese trigo callobre, esa fariña vainos permtir elaborar un pan de tempada.

“A nosa finca, que é propiedade da empresa, ten 5.000 metros cadrados”, prosigue Andrés Acuña. “Con esa media hectárea imos a ser capaces de extraer unha producción final de fariña de entre 1.000 e 1.500 kilogramos. Con esa fariña, cara a outubro ou novembro, poderemos elaborar un pan especial, cunha producción limitada de 200 ou 300 pezas diarias. Deste xeito iremos vendo a demanda que pode ter. Imos a facer pan ata que dure a fariña, que pode ser un ou dous meses. Se neses dous primeiros meses de proba comprobamos que funciona no mercado, incluso temos a posibilidade de conseguir máis terreos para ampliar a producción”.

O proxecto, para o que xa se preparan os terreos, enmarcase na liña de experimentación de Acuña, cunha larga tradición na elaboración de productos de alta calidade.

Pan para paladares gourmet
Trigo CallobreA variedade de trigo Callobre está moída en pedra. Respectando en todo momento o gran na súa integridade e obtendo deste xeito un tipo de fariña moito máis pura e artesán, con todos os nutrientes do xerme e con todos os beneficios orixinais do cereal. Do resultado do cultivo, colleita e moenda obtense unha fariña callobre, que aporta cualidades engadidas como o aroma, intensidade no sabor e unha textura propia de paladares gourmet.
Trátase, pois, dunha fariña natural, sen herbicidas nin pesticidas durante o cultivo, e sen posteriores aditivos nin conservantes. 

Comentarios