Patricia Fontán e Aarón Rey reciben os premios do Concurso de Fotos do Entroido

O conselleiro executivo de Diario de Pontevedra e o alcalde da cidade entregan os galardóns, que consisten en cadanseu bono de dúas noites nun hotel de catro estrelas

Antonio de Cora, Patricia Fontán, Miguel Anxo Fernández Lores e Aarón Rey, no Concello. GONZALO GARCÍA - Concurso de Fotos do Entroido
photo_camera Antonio de Cora, Patricia Fontán, Miguel Anxo Fernández Lores e Aarón Rey, no Concello. GONZALO GARCÍA

Dúas imaxes dos desfiles, protagonizadas ambas por comparsas, foron as gañadoras do Concurso de Fotos do Entroido, que convocan conxuntamente Diario de Pontevedra e o Concello da cidade. Os seus autores son Patricia Fontán e Aarón Rey, que este luns recolleron os seus galardóns de mans do conselleiro executivo do periódico, Antonio de Cora, e do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

"Non hai un primeiro e un segundo premio?", preguntou Lores. "Sodes os dous iguais?". É así: as dúas instantáneas gañadoras do concurso son escollidas a través dunha votación popular que se realiza vía internet, concretamente na rede social Facebook. O galardón que reciben os dous gañadores consiste en cadanseu bono de dúas noites nun hotel de catro estrelas.

Segundo explicou Antonio de Cora, preto dunha trintena de imaxes participaron no concurso deste ano e foron máis de 1.000 votos (1.167 exactamente) os que decidiron que imaxes se facían cos premios. Aproximadamente a metade dos votos realizouse directamente vía Facebook e a outra metade vía WhatsApp.

De Cora tamén comentou que os dous gañadores se destacaron rapidamente nas votacións e ambos acabaron moi parellos.

Patricia Fontán, pontevedresa de 18 anos, explicou que escolleu a imaxe que mandou ao concurso porque se trataba dunha instantánea protagonizada polas mozas da comparsa á que ela mesma pertence.

Imaxe de Patricia Fontán - Concurso de Fotos do Entroido
Imaxe de Patricia Fontán
 

Pola súa banda, Aarón Rey, marinense de 24 anos, contou que escolleu a súa foto porque era "a única que tiña na que non aparecían cativos e nas bases especificábase que non podían aparecer menores sen consentimento".

Fotografía de Aarón Rey - Concurso de Fotos do Entroido
Fotografía de Aarón Rey

 

Comentarios