martes. 27.10.2020 |
El tiempo
martes. 27.10.2020
El tiempo

Pavimento de última xeración e unha nova bancada para o Pavillón Multiusos

Fernández Lores (esq.) durante a visita xirada onte ás instalacións deportivas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Fernández Lores (esq.) durante a visita xirada onte ás instalacións deportivas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O alcalde destaca o "bo ritmo" dunhas obras que rematarán a principios do vindeiro ano

As obras de reforma do Pavillón Multiusos da Xunqueira avanzan a "bo ritmo", segundo puideron comprobar este luns o alcalde, Miguel Fernández Lorez, e o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez. Os traballos comezaron o pasado 22 de agosto e estenderanse até comezos do próximo ano. Porén cando os terreos de xogo -cuxa instalación está en marcha- estean listos e as cristaleiras do recinto renovadas, poderán usar as pistas para adestramentos mentres se remata a obra.

A actuación, que foi adxudicada á UTE Prace-Constructora San Emeterio, tén un orzamento de 1,9 millóns de euros, e está financiada nun 80% con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), concedidos á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) de Pontevedra.

O Multiusos ten 24 anos "e tiña necesidades de mellora e actualización" inaprazables, subliñou o alcalde, pois aínda que neste tempo fixéronse traballos de mantemento tratando de alongar a súa vida útil, ultimamente presentaba evidentes problemas estruturais, xunto a outros que fixeron necesaria esta reforma integral.

A eficiencia enerxética e a calidade das prestacións serán dous fíos condutores da reforma, xunto á renovación dos vestiarios, que darán servizo ademais de ao Multiusos, a todos os campos de fútbol da Xunqueira e as necesidades do alumnado do IES A Xunqueira 2; o pavimento de última xeración, que suporá un salto cualitativo respecto á pista anterior en cuanto a duración, flexibilidade para prever lesións, etc; e a nova bancada entre as dúas pistas de xogo, con capacidad para algo máis de 100 prazas por cada lado. A maiores, habilitarase no andar superior un espazo para público.

Oito clubs utilizan de xeito habitual o Multiusos da Xunqueira, ademais do alumnado do IES A Xunqueira II, que o ten como polideportivo. A todos eles o concelleiro Demetrio Gómez agradece as facilidades dadas para reubicarse e manter a continuidade da actividade deportiva.

O proxecto de reforma integral do Pavillón Municipal Multiusos da Xunqueira contempla conservar só a estrutura do edificio e derrubar o demais. A cuberta refarase totalmente con illante térmico até o de agora inexistente e impermeabilízase, dando así solución aos problemas actuais de humidade.

Pavimento de última xeración e unha nova bancada para o Pavillón...
Comentarios