jueves. 29.10.2020 |
El tiempo
jueves. 29.10.2020
El tiempo

O Pazo da Cultura e o Teatro Principal de Pontevedra deixarán de ser un organismo autónomo

Vista aérea do Pazo da Cultura. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Vista aérea do Pazo da Cultura. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
O Concello anuncia o inicio do procedemento para disolvelo, o mesmo que empregou co Instituto Municipal de Deportes. Será efectivo o 31 de decembro

Dende o 1 de xaneiro de 2021, o Pazo da Cultura e o Teatro Principal, que ata o momento funcionaban como un organismo autónomo, dependerán directamente do Concello de Pontevedra. Vén de anuncialo a concelleira de Cultura, Carme Fouces, que este mércores sinalou que había tempo que se viña pensando nesta actuación e que seguiría o mesmo procedemento administrativo que se empregara co Instituto Municipal de Deportes (IMD), agora integrado tamén no Concello.

Máis información
Este xoves na edición en papel de Diario de Pontevedra

"Estas estruturas tiveron o seu interese en certo momento para acceder a patrocinadores ou axudas económicas, pero agora mesmo xa non son necesarias", explicou Fouces, que contou que, entre as razóns que levaban a tomar esta decisión, estaban as económicas. "Agora mesmo, o Pazo necesitaría uns servizos de seguridade e saúde propios moi difíciles de asumir. Consumiría moitísimos recursos e aínda facéndoo quedariamos coxos. Non parece lóxico ter que duplicar servizos".

Para Fouces, que Pazo e Teatro pasen a ser servizos propios do Concello cumpre un dobre obxectivo: "Mellorar a xestión dos espazos e optimizar recursos económicos".

O anuncio da disolución do organismo autónomo fíxose nunha rolda de prensa na que a concelleira anunciou un plan de reactivación cultural para Pontevedra que inclúe a elaboración dun informe sobre a situación do sector na cidade, realizado en colaboración coa Universidade de Vigo; distintas reformas nos equipamentos do Pazo da Cultura e do Teatro Principal, e a constitución dun Consello Asesor Cultural de Pontevedra, que quere poñer neste último trimestre do ano.

O Pazo da Cultura e o Teatro Principal de Pontevedra deixarán de...
Comentarios