domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

O peche de Raíña Vitoria será definitivo

Rúa Raíña Victoria. ARCHIVO
Rúa Raíña Victoria. ARCHIVO
A Xustiza rexeita o recurso presentado polo avogado Evaristo Estévez e dá a razón ao Concello de Pontevedra sobre a decisión de cerrar ao tráfico a rúa

Á espera dos últimos informes, o peche da rúa Raíña Vitoria será definitivo. Tras máis dun ano con esta rúa cerrada ao tráfico, o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez confesou este xoves pola mañá que "a cidade mellorou, está resistindo esa obra e as cousas están indo a mellor".

Polo de agora non hai ningún resultado sobre a mesa dos estudos que o Concello estivo elaborando na zona, pero Gómez asegurou que "se están observando reducións do tráfico no centro da cidade de ata un 20% menos". Ademais, o edil confesou que "hai melloras evidentes nalgúns centros educativos, como o Sánchez Cantón ou o colexio de Campolongo".

O edil de Obras fixo estas declaracións despois de facer pública a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se rexeita o recurso presentado polo avogado Evaristo Estévez o pasado mes de novembro contra o peche desta rúa. Unha denuncia a título persoal á que se adheriron as asociacións empresariais Aempe, Xóvenes Empresarios, a Cámara de Comercio e os hostaleiros de Hoempo.

Agora, case un ano despois, a Xustiza da a razón ao Concello de Pontevedra sobre a decisión de pechar ao tráfico dita rúa.

A resolución ditada pola Sala entende que a decisión "tenía un alcance territorial muy limitado (el entorno a un centro escolar", e que ademais, "las medidas estaban temporalmente limitadas, por más que se indicara que el cierre del tráfico rodado y las demás medidas se adoptaran por tiempo indefinido, pues éste no debe entenderse como permanente, sino temporal y asociado a la situación transitoria que se presentaba". 

Ante esta sentenza, Evaristo Estévez defende que "la medida adoptada por el Concello no se ha visto acompañada de un rechazo social evidente por parte de aquellos ciudadanos que pudiéramos resultar más o menos perjudicados por la misma".

Neste sentido, o avogado pontevedrés insiste en que "más allá de impugnaciones, más allá del reconocimiento por la Sala que emite la Sentencia de que la medida adoptada no ampara un cierre indefinido como el actual de la Avenida, la contraposición a la postura municipal solo puede provenir de la contestación social y ciudadana, y si la misma no se produce será porque la mayoría de los ciudadanos están de acuerdo con la medida adoptada, y si esto es así, el trabajo de este ciudadano con respecto a este asunto ha finalizado".
 

O peche de Raíña Vitoria será definitivo
Comentarios
ç