O centro histórico sufrirá cortes de tráfico por mor dunha rodaxe cinemaográfica

Os peches produciranse os días 20 e 21 de abril e terán unha duración aproximada de cinco minutos
Imaxe dunha rodaxe no IES Valle Inclán de Pontevedra en 2017. DP
photo_camera Imaxe dunha rodaxe no IES Valle Inclán de Pontevedra en 2017. DP

O centro histórico de Pontevedra sufrirá varios cortes de tráfico durante os vindeiros 20 e 21 de abril, a razón dunha rodaxe cinematográfica. Deste xeito, os peches serán intermitentes e breves, posto que a súa duración será de aproximadamente 5 minutos. 

O martes, ditas accións afectarán á praza da Ferrería (entre as 8:30h e as 14:00h), á praza da Pedreira (entre as 13:00h e as 16:00h) e á rúa Sarmiento (entre as 15:00h e as 18: 30h). 

Na xornada do mércores, estarán pechados ao tráfico a praza de España (entre as 8:30h e as 12:00h), a rúa Alhondiga (entre as 10:30 e as 13:00h), a rúa Paio Gómez (entre as 12:00h e as 14:00h), a rúa Manuel Quiroga (entre as 14:00h e as 17:00h) e a rúa Curros Enríquez e a rúa Real (entre as 16:00h e as 18:30h).