Pedaladas advirte de que o uso de patinetes "pode ter consecuencias penais"

O colectivo explica que os usuarios deste tipo de vehículos "están nunha gran inseguridade xurídica" en caso de accidente xa que Pontevedra aínda non ten unha normativa que regule a súa circulación

Un hombre circulando en patinete eléctrico por una de las zonas peatonales de Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera Un hombre circulando en patinete eléctrico por una de las zonas peatonales de Pontevedra. DAVID FREIRE

O colectivo Pedaladas explica, despois do accidente sufrido por unha persoa cun patinete o pasado martes, que "os usuarios de patinetes eléctricos e similares están nunha gran inseguridade xurídica e o seu uso pode ter consecuencias penais".

Pedaladas engade que "Pontevedra aínda non ten unha normativa que regule e permita circular nas súas rúas os patinetes eléctricos e similares. A día de hoxe a actual normativa municipal data do ano 1989, cando non existían estes dispositivos, polo que o marco xurídico estatal é o Reglamento de Circulación e a Ley de Seguridad Vial que só contempla aos ciclos, bicicletas, ciclomotores, motocicletas, automóbiles, camións e autobuses".

O colectivo ciclista suliña que "polo tanto, estes novos dispositivos non estarían autorizados a circular por ningún espazo público, co enorme risco en caso de verse involucrado nun sinistro. O seu condutor podería ser condenado incluso sen ter culpa do sinistro porque en Pontevedra os VMP non teñen consideración de vehículo".

Pedaladas engade que "o realmente grave é o problema de inseguridade xurídica que teñen os usuarios deste tipo de dispositivos, entre eles menores, xa que moitos pais os consideran un xoguete que pensan que, ao estar a venda, estes dispositivos poden ser usados na vía pública. As novas que se ven na televisión dan a entender que se pode circular legalmente con eles en Pontevedra, porque son de cidades que xa adaptaron a súa normativa".

O colectivo de usuarios de bicicletas reflicte, ao mesmo tempo, que para eles hai un problema moi similar, pois a normativa de bicicletas no concello pontevedrés non contempla maniobras que si se permiten en outras cidades máis avanzadas nesta materia, como a circulación en sentido contrario en viais de plataforma única ou o tránsito de menores de 14 anos polas beirarrúas. En Pontevedra, subliñan, tampouco se poden usar legalmente os remolques para os nenos.

Comentarios