jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

Pepe Solla sube o Telón nesta edición das Festas da Peregrina

Pepe Solla, servindo unha ración no comedor de San Francisco durante o estado de alarma. DAVID FREIRE
Pepe Solla, servindo unha ración no comedor de San Francisco durante o estado de alarma. DAVID FREIRE
A lectura do pregón terá lugar mañá, ás 12.00 horas, no palco de música da Alameda

O cociñeiro do grupo Nove, Pepe Solla será o pregoeiro das Festas da Peregrina 2020. A concelleira de Festas e Dinamización Sociocultural, Carme da Silva, presentouno como “a persoa perfecta para facer o pregón dunhas festas que como todos e todas sabemos van quedar na nosa memoria por moitísimos anos”. Pola súa banda, Pepe Solla asegurou que ser a persoa elixida “é unha das cousas máis bonitas que che poden pasar, que os teus veciños, que a xente que te rodea conte contigo é unha honra e estou encantado”.

O cociñeiro do grupo Nove considera “unha honra” ser a persoa elixida nun ano no que cre que é necesario “facer boas lecturas e sacar o bo de cada situación que nos toca vivir”

“Reúne todas as características” insistiu a concelleira, e entre os motivos da escolla citou “o seu prestixio profesional” e ser “un embaixador de Pontevedra e da súa comarca alí por onde vai, poñendo o prestixio da restauración galega ao máis alto nivel”. Tamén mencionou a nivel persoal a súa implicación co comedor de San Francisco durante a pandemia asegurando que “tivo un papel moi activo e moi importante durante os peores momentos que vivimos co confinamento, traballando el e o seu equipo de forma solidaria e sendo unha das persoas que exemplificou o comportamento solidario e responsable de toda a sociedade deses momentos tan duros”. Por último, a concelleira tamén indicou que a elección quixo poñer en valor que “o sector da hostelaría tamén é un sector que está vivindo con moitísima dificultade todo este proceso de cese de actividade e a reincorporación á actividade profesional”.

Ademais, no verán no que se “reinventou toda a programa ción e se reinventou como seguir celebrando a vida”, tamén se cambia a ubicación da lectura do pregrón, que pasa do balcón do pazo de Mugartegui na praza da Pedreira ao palco da música da Alameda.

“O palco da música ten un simbolismo moi importante porque a Alameda é o centro das festas do verán en Pontevedra e este ano xoga un papel diferente, por iso pensamos que era interesante facer alí o pregón” explicou Da Silva.

Pepe Solla amosouse encantado coa ubicación e coa nova fórmula para espallar as festas por toda a cidade. “Fai que a cidade se sinta activa e viva durante as festas e que chegue a todos os barrios e a todas as zonas” indicou e, neste sentido tamén quixo incidir en que “este ano que é un ano distinto e especial, tamén é un ano bonito porque eu creo que na vida, coma en todo, hai que facer as boas lecturas e sacar o bo de cada situación”

Pepe Solla sube o Telón nesta edición das Festas da Peregrina
Comentarios