Pepe Vieira continúa á vangarda culinaria

O chef, no seu proxecto ‘A última cociña do mundo’, propón unha completa mostra culinaria profundizando nas súas raíces. Con este estandarte quere seguir mellorando a experiencia na cociña e levar a gastronomía galega ó top mundial.
Pepe Vieira amosando as instalacións do restaurante e hotel en Poio. D.FREIRE
photo_camera Pepe Vieira amosando as instalacións do restaurante e hotel en Poio. D.FREIRE

Con máis de 20 anos de experiencia, Pepe Vieira, recente gañador da súa segunda estrela Michelín polo seu restaurante en Poio, propón descubrir A última cociña do mundo. Este é un proxecto que se leva xestando "cinco anos" e no que participan expertos de todo tipo. "Están vinculados dende enólogos, filólogos, antropólogos e artesáns", relata o experto gastronómico.

Con esta proposta o cociñeiro, tamén coñecido como Xosé Cannas, dá a coñecer unha completa experiencia culinaria con lingüaxe propia. As novas técnicas que se poñen a proba parten de traer as raíces e a cultura galega na cociña. "Isto levounos ata unha especie de Macondo gastronómico no que desenrolamos o noso traballo", expresa o chef.

Baixo este estandarte, Pepe Vieira, quere continuar empregando nos seus pratos elementos na cociña que lle son típicos do seu mundo (como o millo miúdo). Pero os pratos serán presentados en diversas capas, as cales, amosan a orden coa que axudar ao usuario a contextualizar e dar un trasfondo cultural, social e ata "relixioso" ao prato.

Tendo todo isto en conta, o equipo de expertos desta aventura quere conseguir ensalzar e espallar a gastronomía galega ao top mundial e nacional. "En Galicia temos todos os ingredientes para chegar moitísimo máis lonxe", afirma.

Equipo de Pepe Vieira na Cociña./ D.FREIRE
Equipo de Pepe Vieira na Cociña./ D.FREIRE

O NOVO PROXECTO

"Este ano é o máis potente da miña carreira", asegura Vieira. Con estas palabras expresou o seu máximo orgullo pola presentación do hotel en formato Galpóns. "O complexo non se estreará ata xaneiro, pero xa se probou de forma non oficial", confirma.

Segundo o equipo que conforma o restaurante, estes galpóns ubicados dentro das lindes do complexo culinario esperan ofrecer unha experiencia gastronómica redonda. "Creo que vai ser unha pasada, moi diferente e innovador. Non hai cousas parecidas neste sentido", relata Cannas.

Acceder a unha das propostas de Pepe Vieira costa arredor de 200 euros (sen contar o servizo galpón e desaino). "Non é para todos os días, pero dende logo merece a pena probar", explica un dos integrantes do equipo de Vieira. Así pois, no restaurante Camiño Da Serpe (Poio), Pepe Vieira enlaza gastronomía co entorno das Ría Baixas e xerar un bo recordo.

Retraso nas obras da antiga Ferretería Varela
Fai casi un ano, anunciábase que Pepe Vieira convertiría a antiga Ferretería Varela nunha churrasquería. Segundo o pronóstico que dera o cociñeiro, empezaría a funcionar neste Nadal do 2022.

Porén a devandita apertura non se produciu. "O proxecto continúa no proceso de licenzas", expresa. Así pois, puido adiantar que, posiblemente, as obras comezarán dentro dun mes. "Non ímos parar con nada".

Comentarios