Peque González: "As nenas e nenos foron os grandes perxudicados desta crise"

A candidata de Marea Galeguista di que «a finalidade ten que ser: busca, investiga, analiza, sé capaz de guiarte…»
photo_camera Peque González (esquerda) reunida onte con representantes da Fanpa

A cabeza de lista por Pontevedra da Marea Galeguista, Peque González, reuniuse onte en Pontevedra co presidente da Federación de ANPA de centros públicos de la provincia de Pontevedra (Fanpa), Roxelio Carballo, e con outros representantes. Nós entendemos que o que se demostrou ata determinadas etapas a presencialidade é imprescindible", dixo Carballo, en alusión á docencia telemáTica que recibiron as alumnas e os alumnos durante o confinamento.

Nesa liña, Peque González dixo que "para o próximo curso a nosa aposta é que, maioritariamente, a educación ten que ser presencial. Porque consideramos que a educación non só é unha cuestión de contido, senón que tamén é imprescindible o afecto, a interrelación e o traballo cooperativo".

Engadíu que "a escola non está preparada para un ensino a distancia. As nenas e nenos foron os grandes olvidados e perxudicados desta crise sanitaria. Estaban na casa, sen que ninguén pensara neles. E, a pesar diso, tiveron un comportamento exemplar".

No mesmo sentido, o presidente de Fanpa fixo unha reflexión a prol da educación presencial: "Nós entendemos que o que se demostrou ata determinadas etapas é que a presencialidade é imprescindible. A parte positiva é que aprenderon responsabilidade. Eles se erguían pola mañá e sen que ninguén lles dixese nada se dedicaban a facer o seu".

CAMBIO DE SISTEMA. "A dixitalización da escola require un cambio metodolóxico imprescindible. Tisto é algo que a Marea Galeguista leva moito tempo demandando, e durante a pandemia demostrouse fundamental. Pero ollo, a finalidade non pode ser: tes un ordenador, estuda isto. A finalidade ten que ser: busca, investiga, analiza, sé capaz de guiarte…", engadiu Peque González durante o seu encontro coa Fanpa.

Para a candidata, "o proceso de avaliación ideal ten que ser aquel onde tanto o alumnado como o profesorado é avaliado. Tisto tamén desapareceu durante a crise porque non houbo xuntanzas de avalación, que é onde se controlan os procesos de ensino".

Comentarios