O pequeno comercio de Pontevedra recibirá apoio para a súa dixitalización

O taller 'Comercio electrónico: como vender en internet' pretende que as pemes do municipio adquiran as competencias básicas para vender os seus productos de forma online

Presentación do taller, este xoves. PSOE DE PONTEVEDRA
photo_camera Presentación do taller, este xoves. PSOE DE PONTEVEDRA

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, presentou na tarde deste xoves o taller Comercio electrónico: Como vender en internet, organizado pola Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas (Ape) de Galicia en colaboración co Concello de Pontevedra.

O  obxectivo do programa, que consta de sete obradoiros online, é que as pemes do municipio adquiran as competencias básicas e o apoio necesario para dixitalizar os seus negocios.

Tras o desenvolvemento da parte teórica, Ape Galicia ofrecerá a maiores os servizos de consultoría e apoio para que os negocios que así o desexen entren a formar parte da canle de comercio electrónico E-ponte.com, posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica e Turismo coa fin de facilitar un espazo web aos negocios da cidade, permitindo xestionar vendas de forma virtual ou reservar servizos de xeito gratuíto.

Todas aquelas persoas interesadas, poderán obter máis información nas súas redes sociais de Ape ou na súa páxina web.

Programación
A duración de cada un dos sete obradoitos do taller Comercio electrónico: Como vender en internet será de dúas horas, estando previstos os seguintes:

Aprende a vender usando as redes sociais (1 de xuño, de 15:00 a 17:00 horas).
Automatiza os teus procesos e aforra tempo (3 de xuño, de 15:00 a 17:00 horas).
WhatsApp márketing. A ferramenta ideal para comunicar e vender (8 de xuño, de 15:00 a 17:00 horas).
Controla o teu fluxo de caixa (10 de xuño, de 15:00 a 17:00 horas).
Fotografía/vídeo de produto. Unha imaxe vale máis que mil palabras (15 de xuño, de 15:00 a 17:00 horas).
Uso de ferramentas para reunións en liña (17 de xuño, de 15:00 a 17:00 horas).