'O Pequeno Rei da Sabana' fai ruxir aos cativos nun espectáculo lexendario

A Praza de España encheuse unha vez máis, pero nesta ocasión os máis pequenos foron os protagonistas da noite
Actuación de 'O Pequeno Rei da Sabana'. RAFA FARIÑA
photo_camera Actuación de 'O Pequeno Rei da Sabana'. RAFA FARIÑA

Mestura de diálogos tradicionais con cancións populares galegas puxeron a guinda este xoves ao programa festivo das Festas da Peregrina. Chegoulle o turno aos máis cativos. Centos de nenos ateigaron a Praza de España para ruxir cunha actuación moi especial e tradicional: O pequeno Rei da Sabana.

Coas primeiras notas do ciclo sen fin, o público que asistiu á cita coreou animado ás míticas cancións que tamén pertenceron á infancia de seus pais. Maiores e pequenos tiveron a oportunidade de gozar dun espectáculo que segue a unir xeracións.

Actuación de 'O Pequeno Rei da Sabana'. RAFA FARIÑA
RAFA FARIÑA

Logo de dous anos de pandemia, a Boa Vila estase a redimir coa cidadanía coa celebración de espectáculos multitudinarios sen restricións.

Esta obra trátase da primeira adaptación ao galego deste musical tan coñecido. Polo escenario situado na Praza de España desfilaron máscaras, traxes, animais e, por suposto, unha bonita e divertida posta en escena que non deixou indiferente a ninguén. Un evento que, ademais, mantén a esencia do musical que triunfa no Teatro Lope de Vega en Madrid, e que demostrou ser unha función emocionante que mestura música con voces en directo ademais de explicar, dunha forma amena, como é a vida na sabana.

Actuación de 'O Pequeno Rei da Sabana'. RAFA FARIÑA
RAFA FARIÑA

A obra que vén da man da compañía e escola de música e danza Coda, de Vilagarcía, é tamén coñecida polo seu traballo musical de Shrek, de DreamWorks, co que se realizaron actuacións por toda a xeografía galega, e tamén de A familia Adams. Cabe destacar que na súa canteira, esta compañía forma a multitude de bailaríns galegos e galegas que contemplan como saída laboral o mundo do espectáculo.

O musical que segue a liña da historia do coñecido relato El Rey León trata a historia de Simba, que idolatra ao seu pai, o rei Mufasa, o cal tómase moi en serio o seu traballo real. Pero no reino non todos celebran a chegada do novo cachorro. Scar, o irmán de Mufasa e antigo herdeiro ao trono, ten os seus propios plans. A batalla por Pride Rock esta destruída pola traición, a traxedia e o drama, e termina co exilio de Simba. Coa axuda dun curioso par de novos amigos, Simba terá que aprender a madurar e a recuperar o que lle pertence por dereito. Unha historia que arrincou os sorrisos e aplausos do público.

Actuación de 'O Pequeno Rei da Sabana'. RAFA FARIÑA
RAFA FARIÑA
Peregrina 2022 Programa do día
11.30 ►Actuación do grupo Os Alegres polo barrio de San Roque, Concepción Arenal.
11.45 ►Actuación do grupo Pola Vila nas prazas e rúas da cidade.
12.00 ►Pasarrúas a cargo da charanga Mil9.
12.00 ►Actuación da Charanga OT polos barrio do Gorgullón, Eduardo Pondal, avenida de Vigo.
19.00 ►Pasarrúas a cargo da charanga Mil9polo barrio de Campolongoe a rúa Rosalía de Castro.
19.15 ►Actuación do grupo Pola Vila.
19.30 ►Pasarúas a cargo da charanga OT.
19.30 ►Troula Animación Soño na Praza da Curtidoira.
21.00 ►Concerto de Conductores Suicidas. Tributo a Sabina na Praza da Ferraría.
22.30 ►Concerto de Juancho Marqués na Praza de España.
22.45 ►Verbena na Gran Vía de Montero Ríos. Orquestra Fusión.

Comentarios