lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

A Peralba estrea nova iluminación led na parroquia de Marcón

Iluminacion en A Peralba. CONCELLO
Iluminacion en A Peralba. CONCELLO
 O alcalde e o concelleiro do rural, Alberto Oubiña visitaron onte o lugar cun grupo de veciños e veciñas para supervisar o proxecto que tivo un custe de máis de 30.000 euros

O alcalde e o concelleiro coordinador do rural en Pontevedra visitaron este martes o lugar da Peralba, en Marcón, que estreou nova iluminación pública. Cun investimento de 30.500 euros a Concellaría do Rural, que xestiona Alberto Oubiña, substituiu as luminarias de sodio por 46 de led. Instalouse, tamén, un cadro eléctrico e seis báculos para completar a iluminación nalgúns puntos.

Deste xeito, á parroquia de Marcón chega á mesma tecnoloxía que a instalada na cidade e noutras parroquias do rural como Lourizán, Bora, Ponte Sampaio ou Canicouva.

Este investimento vense a sumar a outros proxectos anteriores cos que se dotou de nova rede de saneamento ao lugar e obras de pavimentacións, canalizacións de pluviais e incorporación de sobreanchos e medidas de seguridade viaria. Nestes investimentos previos a inversión foi de 294.930,15 euros para dar servizo a 26 vivendas.

A instalación da rede de saneamento tivo un custe de 130.936,27 euros. A pavimentación de toda a vía costou 163.993,45 euros. Os traballos consistiron na incorporación de sobreanchos en distintos puntos e o posterior asfaltado de 900 metros, así como a instalación de 500 metros de canalizacións de pluviais, de varandas en espazos elevados, colocación de lombos e sinalización viaria. 

A Peralba estrea nova iluminación led na parroquia de Marcón
Comentarios