O personaxe máis divertido de Luis Zahera

O actor compostelán, coñecido por interpretar papeis a miúdo hostís, mostrou a súa cara máis desenfadada nunhas pistas de Campolongo que presentaron ao primeiro invitado da súa presente edición de "Noites de Monólogos"
Luis Zahera fixo un repaso á súa traxectoria artística e público que presenciou a actuación. BEA CÍSCAR
photo_camera Luis Zahera fixo un repaso á súa traxectoria artística e público que presenciou a actuación. BEA CÍSCAR

Normalmente as súas aparicións son boas, mais non agradables: personaxes rudas, antipáticas, moitas veces cun fondo escuro que vaia en consonancia coa súa forma. Luis Zahera non é un home acostumado a interpretar a homes bos. Tampouco divertidos. Na noite de onte en Campolongo, sen embargo, a cousa por fin foi distinta: o seu monólogo "Chungo" amosoulle ao público presente que el tamén pode interpretar desde a vis cómica. Aínda que para iso, como neste caso, teña que interpretarse a si mesmo.

As pistas de Campolongo foron o escenario escollido para darlle cabida ao lado máis hilarante de Zahera. E o actor compostelán, a súa vez, foi o encargado de abrir a presente edición de "Noites de Monólogos".

A través de Chungo, un monólogo co que xa está a percorrer a xeografía ibérica, o actor fixo un repaso desenfadado de todo o que a súa carreira deu de si ata o día de hoxe. Anécdotas, historias e curiosidades, sempre co humor como fío condutor, que fixeron as delicias do público que asistiu ao espectáculo.

Zahera presentou o seu monólogo 'Chungo', que xa o levou por varios puntos da xeografía española

Zahera, cuxa traxectoria abarca xa máis de tres décadas de traballo, acadou no ano 2019 a distinción de maior lustre que pode outorgar o cine español: un Premio Goya, neste caso a mellor actor de reparto, que facía xustiza a súa interpretación na película El Reino, de Rodrigo Sorogoyen. Sen embargo, non foi este o motivo polo que Zahera saltou ao grande público: o seu talento como actor, tras participacións en filmes como Celda 211, A praia dos afogados ou Vivir sin permiso xa estaba fóra de toda dúbida. No tocante ao público galego, non obstante, é innegable que a fama do actor non se debe nin a ese premio da Academia nin tampouco á longa lista de títulos cinematográficos que engrosan o seu currículo. Petróleo, o recordado personaxe que interpretou durante un lustro na serie Mareas Vivas, foi o que lle fixo ocupar un lugar privilexiado nas lembranzas dunha xeración enteira de galegos.

Suceder a Zahera, por tanto, será unha labor de altura. E quen mellor para facela que un home, ex xogador de balonmán, que supera con creces o metro noventa. O tamén actor David Amor chega a Campolongo con ganas de que as risas de onte volvan ser as de hoxe, na que será a segunda das cinco xornadas desta edición.

Comentarios